O pasado venres 30 de xuño celebráronse en Madrid as Asembleas Ordinaria e Extraordinaria de Arquitectura Sen Fronteiras España 2017. Un fin de semana intenso cuxa apertada axenda incluíu, aproveitando a oportunidade de atoparnos cara a cara xente das distintas demarcacións, outras dúas reunións de traballo. Dúas foron as novidades máis importantes aprobadas pola Asemblea:…
Convocatoria praza de encargada na cooperativa Mulleres Colleiteiras
Contexto do Proxecto Social Mulleres Colleiteiras O proxecto de inserción socio-laboral Mulleres Colleiteiras baseado na recollida de aceite vexetal usado para a súa reciclaxe, consta de dúas partes diferenciadas e complementarias: o proxecto social e a cooperativa. En Abril de 2013 comeza un proxecto piloto no barrio de Montealto coa participación de 23 mulleres en…
A Xunta de Galicia financiará o próximo Proxecto de EpD que ASF executará coa UDC
O Proxecto de Educación para o Desenvolvemento liderado por Arquitectura Sen Fronteiras en consorcio coa Universidade da Coruña resultou o 2º mellor valorado na pasada convocatoria da Xunta de Galicia. Baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación…