2ª Xornada do V Seminario Hábitat a Escala Humana

Tras o éxito da primeira xornada, celebraremos a segunda o vindeiro mércores 21 de novembro, de 16:30 a 20:00 horas, na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. O lema A vida no centro… Tamén na educación. Falaremos de participación, inclusión e coidados.

Cartel Seminario HeH 2018 - 2da Sesión

O Profesor Javier Rouco nos falará de como traballa o pensamento crítico e a filosofía no eido da educación infantil.

Seguidamente Raquel López, como representante de Inter Red, nos falará das experiencias de esta organización vencelladas á educación universal.

E a continuación haberá una mesa redonda entre as encargadas de desenvolver ás actividades levadas a cabo entre Arquitectura sen Fronteiras e a Facultade de CC. da Educación da UDC: Unha representante do Grupo de Educación para o Desenvolvemento de ASF, Laura Cruz, Begoña Bas y Montserrat Muriano.

Esperámosvos, a entrada é libre!

« Previous Post

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.