A experiencia de ASF na próxima xornada de autoformación da CGONGD

O próximo 6 de setembro estaremos na Escola Galega de Administracións Públicas de Compostela participando na Xornada de Autoformación que organiza a CGONGD.

CGONGD

As 10:00 participaremos na mesa Novas liñas de intervención falando da nosa experiencia en cooperación local no proceso de inclusión social que dende hai anos estamos a desenvolver nos asentamentos chabolistas da Coruña.

Depois, as 11:00, e xunto a Enxeñería Sen Fronteiras, estaremos no Obradoiro de xestión do voluntariado para contar cómo xestionamos a implicación e empoderamento das persoas que traballamos de xeito voluntario en ASF.

O obxectivo desta xornada, gratuita e que xurdiu a petición das propias ONGD, é promover o intercambio de experiencias e saberes entre as ONG de Desenvolvemento e tamén as de acción social. A xornada está dividida en catro partes nas que se presentarán iniciativas novidosas tanto no eido de especialización, como co público que se traballa e tamén na xestión do voluntariado.

– Xornada de Autoformación da CGONGD
– Martes 6 de setembro
– 10:00 a 15:00 horas
– Escola Galega de Administracións Públicas de Santiago de Compostela
Programa
Inscrición

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.