A exposición Cartografía Social do Dereito ao Hábitat na cidade da Coruña en PDF

Cartografías Sociais A Coruña

O pasado maio presentábase a exposición Cartografía Social do Dereito ao Hábitat na cidade da Coruña na Facultade de Ciencias da Eduación da UDC. Unha cartografía que reflicte o senfogarismo e multiculturalidade na cidade. Falábamos dela no episodio 21 de Habitando, e ágora que xa é unha realidade, a deixamos en pdf para descargar, compartir e utilizar libremente.

Unha iniciativa de Laura Cruz, Juan José Bueno e Roberto Suárez desenvolvida polos seus 174 alumnos e alumnas de 2º e 3º do Grado de Educación SocialPedagoxía, Socioloxía e Psicoloxía das Artes Plásticas e Visuais do Mestrado en Profesorado de Secundaria Obrigatoria, que contou ademais co asesoramento do Estudo Rurban especializado neste tipo de cartografías. Una chea de derivas por todos os recunchos da cidade, máis de 600 kilómetros a pe recollendo aqueles lugares significativos para conformar unha instantánea que visibilice unha realidade normalmente agochada.

A exposición poderá visitarse na Facultade de Ciencias da Educación ata o 29 de cuño. Despois está previsto que se expoña en diversos ezpazos da cidade aínda por confirmar. Pero o que xa está dispoñible son os paneis en pdf e un mapa que recolle a localización dos recursos atopados destinados a persoas sen fogar, migrantes ou pertencentes a minorías étnicas, xunto cunha breve ficha de cada un deles.

Exposición en PDF             Mapa de Recursos

A exposición encádrase dentro do Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña, liderado por ASF e desenvolvido en consorcio coa UDC, que conta coa cofinanciación da DXREUE da Xunta de Galicia e a Cooperación Galega.

« Previous Post

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.