A publicación Catro Paredes dispoñible en pdf

Publicación Catro Paredes

Queremos presentarvos a publicación Catro Paredes: Antoloxía sobre dereito ao hábitat. Como moitos recordaredes, a finais do pasado ano organizamos o I Certame de relato breve e ilustración: Catro Paredes. Esta iniciativa forma parte das accións que estamos a desenvolver dende o grupo de Educación para o desenvolvemento de ASF Galicia en asociación con Tinta Bacanal, no marco do proxecto “Difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transculturais e de xénero a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa da Área Metropolitana A Coruña”, e que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Esta publicación recopila os traballos gañadores tanto en relato como en ilustración. O propósito do certame consistía en reflectir, en xénero libre, os conflitos derivados da loita polo dereito ao hábitat, a problemática da exclusión social da poboación, dos asentamentos precarios e da habitabilidade básica, en calquera das súas múltiples realidades.

A continuación recordamos as obras premiadas:

Relatos:
  • 1º premio: Xosé Duncan por Cando a alma perde o tellado
  • Accésits: Ángela Ocaña por La Escribana e Simita Fernández por Tierra y tiempo

Montas gracias tamén a Nieves Delgado, Cristina Botana e Fernando Pérez por compartir connosco os seus relatos.

Ilustración:

Xa podedes descargar a publicación en pdf na seguinte ligazón. Esperemos que disfrutedes a lectura tanto coma nós.

Descargar Catro Paredes

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.