ArCaDia 4 – Habitando Ep.11

Habitando nas Jpod de Malaga

Sebas (organizador), Juan e Alberto nas pasadas Jpod'16 Málaga

Benvidos e benvidas á 2ª tempada de Habitando!

Para comezar, adicamos o episodio ao acontecido no pasado ArCaDia 4, un congreso que dende 2010 celébrase en España sobre arquitectura e cooperación ao desenvolvemento. Sevilla, As Palmas de Gran Canaria, Madrid e a presente edición recentemente celebrada na Coruña os días 29 e 30 de setembro.

O tema desta cuarta edición centrouse no aspecto social do hábitat. Nas súas propias palabras:

"na relación complexa da sociedade humana co seu hábitat. Búscase poñer no centro do proceso de configuración, transformación e consolidación do hábitat á persoa e, como consecuencia, á comunidade á que pertence. Fronte á vivenda como produto e mercadoría, entendela como un proceso no que participan os seus futuros habitantes nas súas diferentes fases. Fronte á evolución acelerada da urbanización baseada en cuestións económicas, que está a xerar segregación e desigualdade, entender o urbano como un dereito. Fronte ao sistema patriarcal, a posición da muller como activa impulsora, creadora e xestora do hábitat, dende o básico ata o social. Fronte a sistemas impostos ou con pouca marxe de intervención, a participación cidadá como posibilidade para construír a sociedade."

Parabéns ao comité organizador, un grupo de profesores e profesoras da Escola de Arquitectura da Coruña: Eduardo Caridad, Amparo Casares, Emma López Bahut e Antonio S. Río Vázquez. Gran traballo!

Doutra banda, Alberto e Juan achegáronse ás pasadas Xornadas de Podcasting celebradas en Málaga do 10 ao 16 de outubro. Días para compartir experiencias con outros podcasters e oíntes, e co protagonismo de Habitando durante a gala de entrega dos VII Premios Asociación Podcast como finalista da categoría Mellor Podcast Revelación.

ArCaDia 4

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
  • Moon Almost Full, Stormy Mondays, álbum The Lay of the Land

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.