Asemblea da demarcación de Galicia 2019

Asemblea 2019O pasado 13 de abril celebramos as Asembleas Local Ordinaria e Extraordinaria da demarcación de Galicia de Arquitectura Sen Fronteiras no Centro Cívico Cidade Vella.

Estábamos convocadas todas as persoas socias, voluntarias e contratadas que forman ASF. En total asistimos dezaoito persoas, a maioria voluntariado pero tamén se achegou algunha simpatizante para coñecer o nosa labor.

Repasamos o traballo de cada grupo, as perspectivas para 2019 e aprobamos o balance económico do ano pasado e o orzamento para este.

Na Xunta da Demarcación non houbo cambios este ano. Continúan Lucía García-Cernuda Ruiz de Alda (presidencia), Ana Rivas del Pozo (tesoureiría), Alberto Fortes Novoa (secretaría), Sabela Girón Gesteira (vocalía) e Edgar Medina Fernández (vocalía). Parabéns por todo o acadado!

E antes de rematar montamos dúas estrelas de papel colaborativas que agochan no seu interior os desexos de cada un e unha de nós para 2019.

Unha vez finalizada a asemblea seguimos a socializar comendo xuntas nun restaurante cercano.

Asemblea 2019

Asemblea 2019

Asemblea 2019

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.