Asemblea da demarcación de Galicia 2017

Asemblea 2017O pasado sábado 18 tivo lugar a Asemblea Local Ordinaria e Extraordinaria da demarcación de Galicia de Arquitectura Sen Fronteiras no Centro Cívico da Cidade Vella.

Estaban convocadas todas as persoas socias, voluntarias e contratadas que forman ASF na actualidade. Consideramos que a asistencia foi numerosa xa que, en total, fomos quince de nós as que participamos na mesma. Ademais, tamén tivemos a visita inesperada de Lucrecia, unha arquitecta arxentina, que achegouse para coñecer o traballo que desenvolvemos.

Na orde do día estaban incluídas a presentación do traballo de cada grupo, as perspectivas para 2017 da nova Xunta de Demarcación, a presentación do balance económico do pasado ano e o orzamento para este, a aprobación de novos apartados no Libro Branco —o noso código interno de funcionamento—, a entrega dos certificados de acción voluntaria, e as eleccións á nova xunta.

Nesta nova andadura que agora iniciamos continúan un ano máis na Xunta Directiva Lucía García-Cernuda Ruiz de Alda (agora na presidencia) e Ana Rivas del Pozo (tesoureiría) e volta de novo Alberto Fortes Novoa (secretaría). Botaremos de menos ao noso anterior presidente, Juan Antonio Ortiz Delgado. Grazas polo traballo deste ano.

Unha vez finalizada a Asemblea, aproveitamos a soleada mañá desta incipiente primavera para celebrar este encontro todas xuntas nunha terraza da praza da Fariña.

Asemblea 2017

Asemblea 2017

Asemblea 2017

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.