ASF exemplo de Escolas Seguras según Save The Children

Documental de Safe The Children sobre escolas seguras

Hai uns meses comentabamos a visita que nos fixo a Guatemala Save The Children. Interesábanlles a escola de Mª del Mar e o instituto de El Rosario que se atopaban en plena construción, por exemplificar a construción de escolas seguras.

O resultado, desa e outras visitas ao redor do mundo, xa está dispoñible. Unha páxina web repleta de documentación, audiovisual e escrita, sobre boas prácticas á hora de construír este tipo de edificios. Mágoa que os pdfs estean dispoñibles só en inglés, polo menos polo momento, e non en castelán como sí están os vídeos.

ASF participa nos cinco vídeos que acompañan cada unha das fases: preparación, planificación, deseño, construción e mantemento que se deben abordar á hora de construír un centro educativo, con especial protagonismo no segundo e o terceiro.

Unha honra colaborar con Save The Children e a Global Alliance for Disaster Risk Reduction in the Education Sectoresperamos que a iniciativa consiga a difusión que se merece.

Construcción de Escolas Seguras
Un enfoque comunitario

Deixar unha resposta