ASF Galicia nas Xornadas de Bioconstrucción da Universidade da Coruña

Xornadas de Bioconstrucción

O pasado 28 de febreiro ASF-Galicia proxectou o documental Adobe sismorresistente dentro das Xornadas de Bioconstrucción organizadas pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.

O documental gravouno ASF-Galicia en Guatemala durante a construción da Casa Materna Ri Kichoch Ri ki Alanik, un lugar de atención do Consello de Comadronas Tradicionais do municipio de Chinique en Guatemala. Expón de xeito didáctico os pasos a seguir para a construción de edificios sismorresistentes con adobe. Trala proxección tivemos a oportunidade de aclarar as dúbidas do público congregado sobre dita técnica constructiva.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.