Valor Engadido

Nos proxectos de Arquitectura Sen Fronteiras ademais de tratar de dar solucións adecuadas aos problemas de habitabilidade, aprovéitase a construción das obras como un medio para xerar melloras, fortalecer capacidades e dinamizar procesos de desenvolvemento na contorna, de xeito indirecto.

Algúns dos valores engadidos das intervencións de Arquitectura Sen Fronteiras son:

 
Perspectiva integral do dereito ao hábitat

Garantir o dereito ao hábitat implica o cumprimento de moitos outros dereitos nas dimensións físicas, sociais, políticas e culturais que compoñen a vida das persoas e comunidades, e constitúe unha condición necesaria para vivir con dignidade e seguridade, para desenvolver libremente a propia personalidade e para participar libremente na vida comunitaria.

Aprendizaxe das experiencias no norte e no sur

Os procesos educativos que promove ASF baséanse nas experiencias e coñecementos xeradas na organización en contextos do norte e do sur completando e potenciando o traballo e achegando estas realidades a diversos públicos

Execución do proxecto adaptado ao contexto

A planificación da execución das construcións faise tendo en conta as condicións climáticas, culturais e produtivas do contexto onde se realiza o proxecto

Fomento da cultura libre

Todos os traballos creativos producidos nos proxectos son compartidos baixo licencias que permiten a liberdade na distribución co obxectivo de compartir e facilitar o acceso aos materiais e contribuír á cultura libre

Deseño participativo

As propostas deséñanse mediante un proceso participativo cos diferentes colectivos involucrados, co obxectivo de conseguir uns resultados máis axeitados ao contexto social, cultural e ambiental onde se desenvolve o proxecto.

Participación da poboación beneficiaria nos proxectos

Dende Arquitectura Sen Fronteiras considérase que a poboación debe ter un papel protagonista no seu propio desenvolvemento. Neste sentido trátase de involucrar á poboación en todos os procesos do proxecto, dende o deseño ata a execución das obras. A participación da poboación supón unha maior apropiación, garantindo a sustentabilidade do traballo

Uso racional dos recursos económicos

As construcións que se propoñen son de carácter funcional e utilitario, racionalizando o uso dos materiais empregados e reducindo o desperdicio dos mesmos. Por outra banda trátase de utilizar, na medida do posible, materiais e persoal local de xeito que os fondos investidos teñan un maior rendemento

Proxectos de baixo mantemento

Nos proxectos plantéxanse solucións de deseño e de uso de materiais que non requiran un gasto excesivo en mantemento, entendendo que as obras que se realizan están destinadas a poboacións con escasos recursos

Contratación de man de obra local

Para Arquitectura Sen Fronteiras a construción enténdese, ademais de como un fin para atender as diferentes necesidades de habitabilidade, como un medio para xerar desenvolvemento na contorna. Por este motivo, sempre que é posible, trabállase con albaneis e mestres de obra locais; que, por outra banda, tenden a estar máis comprometidos co obxectivo do proxecto

Elección e avaliación do lugar

Antes de comezar a construción avalíase o terreo co obxectivo de evitar posibles riscos, como inundacións ou deslaves, e para establecer a localización máis adecuada para o tipo de uso do edificio

Formación para o uso e o mantemento da construción

Ao finalizar as obras, sempre que resulte oportuno, exponse unha capacitación cos futuros usuarios sobre o uso adecuado e o mantemento da infraestrutura

Emprego de materiais e tecnoloxías apropiadas

Nos proxectos utilízanse materiais e tecnoloxías adaptadas ás capacidades técnicas e económicas da poboación, de xeito que a súa sustentabilidade e mantemento queden garantidas

Deseño bioclimatico

O deseño das construcións ten en conta os factores climáticos (sol, vexetación, choiva, ventos...) para ofrecer unhas condicións de uso axeitadas e reducir o impacto ambiental

Deseño sismoresistente

Os deseños realízanse segundo as normas de seguridade estrutural vixentes e contando, cando sexa necesario, con persoal técnico específico para o deseño e a supervisión da estrutura do edificio