Asinado convenio entre o Proxecto Social Mulleres Colleiteiras e a Concellería de Igualdade da Coruña

Rolda de Prensa Convenio Mulleres Colleiteiras - Concellería de Igualdade

O Proxecto Social Mulleres Colleiteiras acaba de asinar un convenio coa Concellería de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, tal e como fixo público a concelleira Rocío Fraga en rolda de prensa celebrada o 26 de agosto na que estivémos presentes.

O Proxecto Social Mulleres Colleiteiras, en colaboración coa Cooperativa Mulleres Colleiteiras, enfócase ás actividades prelaborais para adquisición de habilidades e a experiencia necesaria que permitan mellorar a empregabilidade en xeral das mulleres participantes, que non son socias da cooperativa. Proxecto Social e Cooperativa están íntimamente relacionadas na súa práctica e son complementarias nos seus obxectivos: a súa unidade é imprescindible para facer de Mulleres Colleiteiras unha aposta sostible, adaptada ao contexto e cunha capacidade de resposta real á problemática de exclusión social e do ámbito do traballo das súas participantes.

Este convenio, para o exercicio xaneiro-decembro de 2016, supón unha axuda de 5000€ para a continuidade e crecemento dun proxecto que en palabras de Rocía Fraga é un exemplo das iniciativas que apoia a Concellería de Igualdade.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.