Asistencia Técnica para a actualización dos materiais didácticos para educación secundaria elaborados por Proxecto Terra

Proxecto Terrra

Convocatoria dun proceso de selección de equipo/s para realizar traballos vinculados a renovación e actualización dos materiais didácticos para educación secundaria elaborados por Proxecto Terra

Convoca

​Arquitectura sen Fronteiras, como entidade responsable da xestión, coordinación e desenvolvemento das actividades enmarcadas no Proxecto Terra por conta do COAG.

Obxectivo da convocatoria

O obxectivo desta convocatoria é a selección de equipo/equipos consultor/res para realizar os seguintes traballos:

  1. A renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE dos contidos dos tres módulos didácticos ​1. Arquitectura Popular,​ 2. ​Arquitectura Contemporánea e ​3. Identidade Territorial​, elaborados por ProxectoTerra para a súa utilización en centros de Educación Secundaria de Galicia.
  2. Implementación a ​eXelearning​ dos contidos.

Descrición das tarefas a realizar

O/s equipo/s seleccionado/s deberá/n encargarse das seguintes tarefas:

  1. Revisión dos materiais do módulo a renovar e actualizar
  2. Elaboración dun guión e proposta de traballo a realizar
  3. Renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE da documentación relacionada a continuación do módulo educativo que lle sexa asignado (consultar TdR completos):
    1. Alumnado
      1. Caderno Alumnado
      2. Actividades
    2. Profesorado
      1. Formación
      2. Guía do profesorado
      3. PDF presentación
  4. Envorcado deses contidos ao formato libre eXelearning. (Elaborarase un modelo que será entregado ao equipo unha vez revisados os contidos)

Remuneración

A renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE dos contidos de cada un dos tres módulos didácticos será obxecto dunha ​retribución bruta de 3.333,33 euros (impostos que correspondan incluídos) por módulo.

Prazo e forma de remitir a candidatura

Os equipos interesados deberán presentar a súa candidatura completa antes das 23:59 horas do 22 de agosto de 2019, para o cal deberán remitir un correo electrónico a ​proxectoterra.actividades@coag.es​, aportando a seguinte documentación:

Máis información

Termos de Referencia Completos

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Páginas
RECENT COMMENTS
FlICKR GALLERY