Asistencia técnica para Formación en Captación de Fondos

Convocatoria de asistencia técnica para a diagnose e formación do persoal voluntario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia en Captación de Fondos
Obxectivo da convocatoria

A presente convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa ou equipo de persoas que realice a diagnose da capacidade de captación de fondos de ASF Galicia e a formación ao persoal técnico e voluntario en coñecementos básicos sobre captación de fondos e en propostas apropiadas para a organización en función dos resultados da diagnose.

Descrición das tarefas e funcións a realizar

A persoa ou equipo seleccionado encargarase de facer unha diagnose da organización en materia de captación de fondos e, a partir desta diagnose, impartirá unha formación ao persoal técnico e voluntario orientada a mellorar as capacidades e a estratexia nesta área dentro da entidade.

Esta persoa ou equipo desenvolverá para elo as seguintes tarefas:

ELABORACIÓN DUNHA DIAGNOSE DA SITUACIÓN INICIAL

  • Análise da estrutura da organización.
  • Análise das estratexias de captación utilizadas nos diferentes grupos de traballo .
  • Valoración do tipo de estratexias máis adecuadas para a organización.

FORMACIÓN

  1. FORMACIÓN TEÓRICA. Como mínimo un módulo formativo de 8 horas de duración sobre estratexias xerais básicas en materia de captación de fondos. ***
  2. FORMACIÓN PRÁCTICA. Como mínimo un obradoiro de 8 horas de duración para o deseño dunha estratexia de captación de fondos adaptada á organización. ***

*** Cada formacion poderá ser de 1 día/8horas ou de 2 días/4 horas, en función da dispoñibilidade das persoas voluntarias e da persoa ou equipo facilitador.

Prazos e seguimento

Toda as tarefas anteriormente indicadas deberán estar completadas antes do 16 de decembro de 2016, segundo o cronograma que se detalla a continuación:

17/10/2016 – Apertura do prazo de recepción das propostas
25/10/2016 – Finalización do prazo de recepción das propostas
28/10/2016 – Resolución da convocatoria
31/10/2016 -20/11/2016 – Elaboración da diagnose
21/11/2016 – 09/11/21016 – Formación
12/12/2016 – 16/12/2016 – Elaboración da documentación final
16/12/2016  – Entrega da documentación, pago final e entrega do certificado

Remuneración

A presente asistencia técnica será obxecto dunha retribución bruta de 950,00 euros. O pago realizarase trala entrega da documentación e emisión da factura correspondente.

Candidaturas

As persoas ou equipos interesados en impartir esta formación, deberán enviar a súa candidatura á dirección galicia[@]asfes.org antes da fin do día 23 de outubro de 2016, especificando:

– Datos de contacto.
– Currículum Vitae acreditando os méritos, experiencia e coñecementos necesarios relacionados cas tarefas a desenvolver.
– Breve proposta formativa da parte básica, con extensión máxima dunha folla, que expoña programa, modalidade (so presencial- especificar nº de sesións e duración das mesmas-), e metodoloxía.

Termos de referencia completos

Descargar os termos de referencia en galego e castelán

« Previous Post

2 COMMENTS ON THIS POST To “Asistencia técnica para Formación en Captación de Fondos”

  1. Margarita Alonso di:

    Idioma?

  2. Hola Margarita.

    Las personas que asistiremos a la formación somos todas bilíngües gallego-castellano, así que una vez seleccionada una candidatura dependerá también del idioma que ella prefiera. Si la persona o equipo formador fuese también bilingüe cada persona se expresará en el idioma que desee.

    Por tanto tanto una como otra lengua serán válidas, aunque como puedes comprobar en los términos de referencia se valorará el conocimiento del gallego.

    Un saludo

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.