Asistencia técnica para Formación en Comunicación Inclusiva

Convocatoria de asistencia técnica para a formación do persoal voluntario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia en Comunicación Inclusiva
Obxectivo da convocatoria

A presente convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa ou equipo que se encargue de formar ao persoal voluntario de ASF-Galicia en comunicación inclusiva, a fin de dotalo das ferramentas axeitadas para garantir o desenvolvemento das súas tarefas con perspectiva de xénero, mellorando as súas capacidades de comunicación online e offline.

Descrición das tarefas e funcións a realizar

A persoa ou equipo seleccionado encargarase de impartir ao voluntariado da asociación unha formación personalizada en comunicación non sexista, conforme as necesidades e obxectivos de comunicación online e offline de ASF-Galicia.

Esta persoa ou equipo desenvolverá para elo as seguintes tarefas:.

ETAPA PREVIA

– Análise da situación de partida: Reunión inicial, presencial ou telemática, co grupo de traballo de comunicación de ASF-Galicia, para detallar necesidades e plantexar uns obxectivos formativos asumibles analizando o nivel de partida dos seus membros na materia, de xeito que o programa formativo sexa o máis axustado posible á realidade da asociación
– Entrega do documento de proposta formativa (programa, modalidade e metodoloxía) e alternativas de datas, adaptado a esta situación

FORMACIÓN

– Desenvolvemento da formación, segundo as sesións, modalidades e metodoloxías acordadas por ámbalas partes
– Seguimento e tutorización dos exercicios prácticos

Prazos e seguimento

Toda as tarefas anteriormente indicadas deberán estar completadas antes do 4 de novembro de 2016, segundo o cronograma que se detalla a continuación:

26/09/2016 – Apertura do prazo de recepción das propostas
07/10/2016 – Finalización do prazo de recepción das propostas
10/10/2016 – Resolución da convocatoria
10/10/2016 – 14/10/2016 – Etapa previa
17/10/2016 – Inicio da formación
04/11/2016 – Data límite de entrega de documentación, pago final e entrega do certificado

Remuneración

A presente asistencia técnica será obxecto dunha retribución bruta de 400,00 euros. O pago realizarase trala entrega da documentación e emisión da factura correspondente.

Candidaturas

As personas ou equipos interesados en impartir esta formación, deberán enviar a súa candidatura á dirección gtcomunicacion.gal[@]asfes.org antes do día 7 de outubro de 2016, especificando:

– Datos de contacto
– Currículum Vitae acreditando os méritos, experiencia e coñecementos necesarios relacionados cas tarefas a desenvolver
– Breve proposta formativa, con extensión máxima dunha folla, que expoña programa, modalidade (presencial, online, mixta…), e metodoloxía

Termos de referencia completos

Descargar os termos de referencia en galego e castelán

Deixar unha resposta