Asistencia técnica para unha diagnose formativa en materia de xénero de ASF

O obxectivo desta convocatoria é establecer as bases para a realización dunha consultaría dunha persoa ou equipo de persoas que faciliten un espazo de reflexión e realicen unha diagnose que reflexe as necesidades formativas de ASF Galicia en perspectiva de xénero, de cara a unha futura formación do persoal voluntario e técnico en materia de xénero con propostas apropiadas á organización en función dos resultados da diagnose. No marco do “Proxecto de xestión do voluntariado con incidencia nos coidados e na importancia da formación no proceso da acción voluntaria das persoas que forman Arquitectura sen Fronteiras – Galicia”, co apoio da CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO.

Eixo de análise

O xénero é unha prioridade para o voluntariado e persoal de ASF manifestado así e recollido no itinerario de formación 2018-2019.

Pero de qué se fala cando se expresa a necesidade de formarse en xénero?

Existen dous eixos posibles de análise:

  • A aplicación da perspectiva de xénero na súas costumes e condutas intra organizacionais
  • A aplicación da perspectiva de xénero nos proxectos formulados e executados (no seu traballo externo)

Na presente diagnose afondarase polo menos en un destos eixos. A priorización dun ou outro campo de traballo farase en función dos sentires e reflexións grupais.

Tarefas a realizar pola persoa ou equipo seleccionado

A persoa ou equipa encargarase de desenvolver as seguintes tarefas de cara ao logro dos obxectivos descritos no segundo apartado do presente documento:

0.- PROPOSTA METODOLÓXICA

  • Deseño da proposta de traballo.

1.- TRABALLO DE CAMPO (a maiores, se fose preciso, o que a consultora considere)

  • Deseño e dinamización  dun espazo de reflexión grupal para abordar temas relacionados con obxectivos sinalados. Este espazo terá unha duración de 4 horas como mínimo e participarán persoas voluntarias e técnicas de ASF Galicia. -grupo de entre 10 e 20 persoas-
    • Valoración dos intereses do grupo na formación en xénero
    • Valoración das capacidades de ASF Galicia na aplicación da perspectiva de xénero na súas costumes e condutas intra organizacionais
    • Valoración das capacidades de ASF Galicia na aplicación da perspectiva de xénero nos proxectos formulados e executados
  • Realización de enquisas a voluntariado e persoal de ASF Galicia sobre os obxectivos sinalados. -máximo 28 enquisas-

2.- ELABORACIÓN INFORME DIAGNOSE

  • Sistematización e análise da información recollida coas diversas técnicas.
  • Elaboración de documento final da diagnose cos datos relevantes para ASF sobre os obxectivos sinalados e conclusións sobre as necesidades formativas.
Remuneración

A presente asistencia técnica terá un obxecto dunha retribución bruta de 1.500 € (IVE e IRPF incluido). O pago realizarase en dúas fases:

Fase 1: 600€ tras a primeira sesión de facilitación

Fase 2: 900 € tras a entrega da diagnose

Candidaturas
As persoas ou equipos interesados enviarán a súa candidatura á dirección formacion.gal@asfes.org antes do día 29 de agosto de 2018 (incluido), especificando:
  • Datos de contacto
  • Currículum Vitae acreditando os méritos e coñecementos precisos relacionados coas tarefas a desenvolver
Máis información

Términos de Referencia Completos [pdf]

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.