Axúdanos nos IV Premios ao Voluntariado Univeristario da Fundación Mutua Madrileña

As nosas voluntarias e voluntarios dos grupos de traballo de Educación para o Desenvolvemento e de Cooperación Internacional presentaron un proxecto cada un aos IV Premios ao Voluntariado Universitario da Fundación Mutua Madrileña: un proxecto de Difusión do Dereito ao Hábitat e o Proxecto Educativo N’oj respectivamente.

Todos e todas podedes apoiarnos e axudarnos a levar estes proxectos un pasiño máis aló. Cómo? Difundindo os videos entre os vosos contactos e animándolles a regalarnos un ‘gústame’ en youtube. Dese xeito estaremos un pouquiño máis preto de clasificarnos para a seguinte rolda do premio, que de ganalo destinaríase a seguir traballando nesta liña educativa.

Mil Grazas !!!

Difusión do Dereito ao Hábitat

Proxecto Educativo N’oj

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.