Queremos compartir con vós a nosa participación no Laboratorio Mutante para a Ecoloxía dos Saberes. O próximo día 11 de Xuño estaremos en Prada (Manzaneda, Ourense) na xornada “Deconstruír o Hábitat”. Pola mañá, guiadas polas compañeiras de Outonía S. Coop. Galega relizaremos o roteiro “Atravesar o abandono” subindo desde Requeixo ata a aldea de Prada…
“Participar para Cuidar” no V Congreso de Educación para la Transformación Social
En novembro de 2021 baixo o título Educar na incerteza liberadora tivo lugar o V Congreso de Educación para a Transformación Social. Un congreso aberto a todas as persoas, movementos e axencias transformadoras para a reflexión e o intercambio de saberes e experiencias: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia contribuíu cunha comunicación titulada Participar para coidar, asinada por…
Curso sobre Dereito ao Hábitat no CAFI de Santiago de Compostela
Organizado por Proxecto Terra e dentro do Plan Anual de Formación de Profesorado de Galicia, os pasados 25 e 26 de marzo achegámonos as aulas do CAFI en Santiago de Compostela para falar sobre Dereito ao Hábitat con docentes de todas as etapas educativas. O curso presentou o marco conceptual do dereito ao hábitat,…
Invitadas na materia Habitat Básico da ETSAC
O pasado martes 2 de maio asistimos invitadas con Enxeñería Sen Fronteiras a unha clase da materia Hábitat Básico da Escola de Arquitectura da Coruña. A nosa compañeira Lara a compartiu co seu alumnado a nosa visión sobre o papel da arquitectura na construcción colectiva do Dereito ao Hábitat. E Tomás por Enxeñería Sen Fronteiras…
Finalizan as obras do albergue comunitario da Comunidade Mam Cajolá
A Comunidade Mam Cajolá traballou con moito esforzo, e co acompañamento e supervisión de ASIAPRODI (Asociación Indíxena Agropecuaria Prol desenvolvo Integral) e ASF, para que a construción do edificio do albergue sexa unha realidade. Espérase con entusiasmo a data da inauguración.
Devagar, abril 2022
Chega ao voso buzón a nosa carta de novas de primavera. Agromada coa enerxía do 8 de marzo. Publicada no día da Terra. Non é casualidade. Ecofeminismo, urbanismo con perspectiva de xénero, cidades inclusivas, interseccionalidade, educación e infancia, diversidade. Poñendo a vida no centro. É necesario. Abril 2022 | Suscripción
Mesa redonda ‘Abordar a crise humanitaria dende a construcción civil’
O pasado 17 de marzo participamos nunha mesa sobre situacións de emerxencia e axuda humanitaria na Escola de Arquitectura da Coruña. Nun contexto tan complicado como o actual derivado da guerra en Ucraína, con millóns de persoas desprazadas e cidades destruídas, que papel xogar dende a construción civil? Unha ampla variedade de institucións estiveron representadas:…
Non á guerra, nin en Ucraína nin en ningún lugar do mundo
Ante o conflito desatado en Ucraína, sumámonos ao comunicado da Coordinadora Española de ONGD: En tradución libre: Diciámolo hai un mes e volvemos repetilo: a guerra en Ucraína, como todas, terá graves consecuencias na vida da poboación civil. Manifestamos toda a nosa solidariedade coas vítimas dos ataques desta madrugada, e coa poboación civil que agora…
Avance das obras do albergue comunitario da comunidade indíxena Mam Cajolá
A construción do albergue xa é unha realidade, vai avanzando segundo o plan previsto e a comunidade de Mam Cajolá séntese moi satisfeita e comprometida coa obra. Organizáronse en quendas para poder realizar o duro traballo da construcción de gabias.
Comezo das obras de construción do albergue comunitario da Comunidade Indíxena Mam Cajolá
Imaxe 3D do edificio terminado Comezaron as obras de construción do albergue comunitario da Comunidade Indíxena Mam Cajolá, que dará servizo ás 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, recentemente reasentadas no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala. Esta construción inclúe unha área de albergue, adegas, cociña, unha área de lavado, duchas e…