Bo Nadal 2017

Bo Nadal

Feliz Navidad    Bon Nadal    Eguberri On

Un ano máis, grazas por formar parte de Arquitectura Sen Fronteiras. Grazas polo teu esforzo, compromiso e dedicación, xa sexa participando activamente ou dando soporte ás accións que realizamos.

O 2017 foi un ano especial para nós xa que cumprimos 25 anos. Esperamos poder cumprir outros 25 anos máis, traballando intensamente entre todas e todos para construír un mundo socialmente máis xusto, mellorando a calidade de vida das persoas máis desfavorecidas.

Enviámosvos con todo o noso agarimo a felicitación deste nadal de ASF, onde escribimos algunhas das frases inspiradoras que nos enviastes animándonos a seguir cumprindo anos.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.