Carta aberta frente aos desafiuzamentos en San Vicente de Elviña e Eirís con motivo do Parque Ofimático en A coruña

Desafiuzamentos Elviña

O noso colectivo – Arquitectura Sen Fronteiras Galicia -, mostra a súa repulsa ante os desafiuzamentos que se están producindo na cidade de A Coruña e noutras xeografías.

Dende a demarcación de Galicia queremos mostrar o noso apoio institucional ás accións de Stop Desfiuzamentos e á posición dos bombeiros da Coruña, perante esta situación de indefensión e vulneración do dereito a un hábitat digno e axeitado, así coma a unha vivenda onde o arraigo e a pertenza a un lugar ou territorio periga fronte actuacións de carácter desarrollista e inmobiliario de forte carácter sectorial.

Consideramos que é un erro modelo de desenvolvemento e crecemento da cidade, que a pesares da crise actual continúa a propoñer un modelo de expansión urbana sen límites en base a criterios inmobiliarios. Nunha cidade con máis de 15.000 vivendas baleiras, precisamos políticas e accións públicas que muden o paradigma imperante ata o de agora, buscando novas alternativas de tenencia que revertan a situación de precariedade habitacional. Precisamos de novos modelos de xestión e traballo por parte das entidades públicas que eviten situacións como a que hoxe vimos ao noso carón.

A aposta institucional por modelos de cidades intelixentes debe responder a outros aspectos de intelixencia social e emocional máis que aos meramente tecnolóxicos. Unha cidade intelixente é aquela que respeta e inclúe a diversidade e os valores identitarios da nosa contorna.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.