CGONGD: Video Titorial para ONGD (I): A sede Electrónica da Xunta de Galicia e Obtención do Certificado Electrónico

CGONGD Video Titorial IEste ano todas as ONGD que se presenten ás convocatorias da Xunta de Galicia terán que adaptarse á Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Iso significa que, a partir de agora, todos os trámites deberán facerse electronicamente (a excepción dalgunhas cuestións puntuais).

Co obxectivo de axudalas a adaptarse á nova normativa, e dada a experiencia que en Arquitectura Sen Fronteiras temos neste tipo de tramitacióna Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento encargounos a elaboración dun vídeo titorial explicando o procedemento.

Xa está publicada a primeira parte cos seguintes contidos:

  • O funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia
  • Os pasos para obter o certificado dixital

O segundo vídeo, no que se explicarán os pasos a seguir (e trucos) á hora de subir os proxectos á plataforma online, estará dispoñible en breve. Farémolo utilizando como exemplo a convocatoria de Educación para o Desenvolvemento que hoxe mesmo saiu publicada.

Esperamos que estes vídeos sexan de utilidade. E que os difundades entre aquelas persoas e organizacións que lles poida interesar.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.