Co Plan Proxecta no IES Agra de Raíces de Cee

Plan Proxecta no IES Agra de Raíces de Cee

Seguindo coas actividades complementarias do Plan Proxecta Dereito ao Hábitat que iniciamos en marzo, contámosvos que o pasado día 6 de abril fomos visitar o IES Agra de Raíces en Cee.

Durante unha mañá, tres voluntarias do grupo de Educación para o Desenvolvemento de ASF, acompañaron a setenta alumnos e alumnas de 1º da ESO na súa reflexión sobre o seu hábitat mais próximo. Despois de explicar a nosa Unidade Didáctica, traballáronse diferentes temas a través dunha selección de imaxes tomadas en diferentes puntos da Costa da Morte. En grupos de cinco, os nenos e nenas analizaron elementos característicos da arquitectura popular, a paisaxe natural e construída, os ¿límites? entre entorno urbano e rural, o patrimonio, e as relacións entre as persoas que habitan os espazos. Plasmaron as súas conclusións en murais que logo expuxeron ao resto da aula.

Plan Proxecta no IES Agra de Raíces de Cee

Agradecemos ao centro a súa invitación para compartir con nós a labor que están desenvolvendo sobre o Dereito ao Hábitat este curso. Podedes seguir as súas andanzas no seu blogue.

Ata pronto!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.