Artigo9tech é un grupo de investigación que ten creado unha rede de profesorado das tres universidades e a sociedade civil de Galicia, co obxectivo de fomentar a colaboración e iniciativas que teñan que ver con tecnoloxía aplicada a proxectos de cooperación. Dende 2021 desenvolve xunto a Enxeñería Sen Fronteiras un proxecto para o fomento das...
Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Nós queremos celebralo falando de atención á diversidade con Sonia Seijas. Sonia traballa dende 2009 na Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, que ten establecido unha rede de traballo con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en...
Desde 2020 Farmamundi desenvolve xunto á Universidade de Santiago de Compostela un proxecto de Educación para a Cidadanía Global en Santiago, un proxecto que xa está na súa fase catro. Traballa diferentes aspectos do Dereito á Saúde entendéndoo desde unha perspectiva holística, e coa colaboración de varios graos e mestrado da USC que aplicaa a...
Para este Habitando 41, o último de 2022, tivemos a honra de contar con Julián Salas. Julián ten a Cátedra UNESCO de Habitabilidad Básica da ETSAM. É todo un referente neste eido a nivel mundial. Achegouse á Coruña para impartir na Escola de Arquitectura a lección Construindo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en...
Contamos neste episodio con Cristina Botana, que ven de publicar, o ano pasado, a súa tese doutoral Os asentamentos precarios en Galicia: dende os conxuntos autoconstruidos ata a infravivenda de produción institucional como expresións do urbanismo segregativo. Cristina é arquitecta e durante moitos anos compañeira nosa como voluntaria en varios grupos de traballo de Arquitectura Sen...
Falamos novamente de Cartografías Sociais explorando o seu valor como soporte de Narrativas Dixitais. E o facemos a través das experiencias de Ruth Sousa, xestora cultural integrante da Cooperativa Almeiro e Ben Curiosa, e Nuria García, terapeuta ocupacional do Hospital de día de Psiquiatría de Ferrol. Compartiron connosco o seu achegamento e posta en práctica desta...
Varias persoas do grupo de Educación de ASF levamos tempo seguindo e aprendendo da traxectoria profesional de Jorge Raedó. Do seu Zaragoza natal ata Colombia onde actualmente reside, pasando por Barcelona e Finlandia entre outros sitios. Nunha choiva de ideas para describilo xurdiron as palabras curiosidade, xenerosidade, interconexión, actividade, creatividade, amabilidade, transparencia, traballo, transformación... e...
Hoxe temos connosco a Iago Carro, integrante de Ergosfera dende a súa fundación. Ergosfera naceu en 2006 como asociación de estudantes de arquitectura. Tras varias fases neste momento é unha cooperativa que traballa en propostas urbanísticas e no estudo das formas de uso e urbanización do territorio contemporáneo. A súa perspectiva alónxase da practica tradicional da...
O pasado 30 de abril inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha exposición conmemorativa do vixésimo aniversario do ProxectoTERRA. Unha mostra que comprende máis de 35 proxectos elaborados en diversos centros educativos galegos ao longo destes 20 anos. Trátase dunha homenaxe a todo o traballo do profesorado e...
Estamos de aniversario. A iniciativa dun grupo de estudantes de arquitectura, o 3 de novembro de 1995 quedou legalmente constituida Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Arquitectos Sen Fronteiras daquela, que o cambio de nome chegaría máis adiante. Literalmente manifestaban: Esta asociación gallega surge desde la Escuela de Arquitectura de A Coruña entre estudiantes y jóvenes arquitectos,...
Os pasados 14, 22 e 29 de novembro celebramos a VI edición do Seminario Hábitat a Escala Humana. O seu lema axeitado a este 2020: espazos e tempos para a vida e a educación entre paradigmas. Experiencias sobre educación, os espazos e tempos para ela, os coidados, o hábitat digno e a vida digna… Sempre…,...
A labor de Arquitectura Sen Fronteiras céntrase sobre todo en tres niñas de traballo: cooperación local, cooperación internacional e de xeito transversal a educación como ferramenta de sensibilización cara a formación dun espíritu crítico da sociedade. Todo baixo o paraugas do Dereito ao Hábitat. Neste episodio contamos con representantes de ASF Catalunya, Euskadi, Levante e...
Os pasados 1 e 2 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a V Edición de Playgrounds. Como final a Argallar, una exposición para xogar coa arquitectura, a asociación Ludantia coa colaboración de Proxecto Terra e a Fundación Cidade da Cultura organizo o V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a...
Durante o pasado curso 2018-2019 un grupo do estudantado da Escola de Arquitectura da Coruña estivo a traballar para o seu Proxecto fin de Grao ou de Máster nun Proxecto de Habitabilidade Básica. Trátabase da segunda ocasión en que un proxecto desde tipo ofertabase na ETSAC. E por segunda vez froito do traballo de investigación...
Nos últimos anos estamos a asistir, e mesmo participando, nun proceso continuo de reflexión sobre a educación. Asistimos a un boom no que as pedagoxías activas, a "innovación” educativa, están a reconsiderar os espazos educativos para poñelos ao servizo de novas formas de facer e relacionarse. Un momento de preocupación por aspectos que van máis...
Hoxe temos un programa que nos ilusiona especialmente. Por que? Polas convidadas que entrevistamos hai uns días e porque o seu traballo conecta mioto cos procesos e temas cos que tamén estamos a traballar en ASF. Facianos moita ilusión poder coñecer máis e compartir con Angela Fraga María e Raquel López Fernández, mulleres feministas, activistas,...
Repaso ás liñas de traballo do Proxecto de EpD 2018-19 de ASF Galicia, e entrevista a Ana Lampón sobre a de investigación de Solidaridade Internacional
Os pasados 17 de outubro e 21 de novembro celebramos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, a V edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, este ano baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Nel falamos sobre todo de participación, inclusión e coidados. E tamén, en concreto na segunda sesión,...
Voltamos das vacacións con dúas convidadas moi especiais. Uxía e Marta estudan no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, o Zalaeta de toda a vida. Con elas, e co resto do alumnado de 1º, estivemos o curso pasado a crear 'O Refuxio', un pequeno espacio do seu patio. Aproveitamos todo ese proceso para reflexionar sobre...
En decembro pasado tivo lugar o segundo módulo do curso Trans-Formando no que tivemos como docente ao arquitecto Andrés Martínez de la Riva, membro fundador de Raons Públiques, unha cooperativa de innovación social urbana especializada en procesos colaborativos multiaxente para a transformación do hábitat común dende o diseño, a educación e a xestión do conflicto. Naquel momento xa quedamos con...
Do 10 ao 12 de maio celebrouse no Pazo dá Cultura de Pontevedra a primeira edición de Ludantia, bienal internacional de educación en arquitectura para a infancia e a mocidade. Ata alí achegámonos un nutrido grupo de Arquitectura Sen Fronteiras para descubrir moito do que se está realizando neste campo en todo o mundo. Gravadora...
Dende principios do curso a materia Didáctica dás Ciencias Sociais II do Grao en Educación Primaria da Facultade de Educación da UDC desenvolveu o proxecto O noso espazo, cerna dá expedición dá varíola. Baixo a coordinación dos docentes Begoña Bas López e Roberto García Morís o seu alumnado, futuros mestres e mestras, traballan nesta materia...
O Proxecto Mulleres Colleiteiras naceu hai cinco anos a iniciativa do grupo de Cooperación Local de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, co obxectivo de aproveitar a capacidade de traballo das mulleres dos asentamentos de As Rañas e A Pasaxe. Tras unha proba piloto recollendo aceite doméstico usado no Barrio de Montealto, aprendendo dos erros e os...
Unha das actividades do proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través de axentes multiplicadores que estamos a desenvolver en colaboración con parte do profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e financiado pola Xunta de Galicia, é a creación dunha cartografía social que reflectise o senfogarismo e multiculturalidade na cidade da...
Foi un intenso último trimestre do ano na Coruña. Multitude de iniciativas de diferentes organizacións coincidentes no tempo. Moitas delas financiadas polo concello coruñeses a través do Co-Lab. Defínese a si mesmo como laboratorio cidadán, un espazo aberto no que persoas e colectivos de toda a cidade, con distintas capacidades, visións e coñecementos, deseñan e...
No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estamos a traballar dende o mes de agosto nun novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. En consorcio coa Universidade da Coruña e baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de...
Despedimos esta segunda tempada de Habitando cun episodio dedicado ao voluntariado en terreo. Dende hai anos a Universidade da Coruña a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado, e tamén a Universidade De Santiago de Compostela, ofrecen bolsas ao seu estudantado para realizar unha estancia en terreo de dous-tres meses. Unha magnífica oportunidade de...
A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat elaborouse no ano 2013 a iniciativa do Grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Dende entón púxose en práctica nunha morea de centros educativos.Naquel momento o grupo xa estaba a traballar nestes centros con diversos materiais a propósito dos Obxectivos do Milenio. Xurdiu a necesidade de poñer todos estes...
Tras os episodios 14 e 15 rematamos o ciclo adicado a Os Comúns falando con Proxecto Cárcere. Proxecto Cárcere é una plataforma da cidadanía coruñesa que intentar acadar a transformación do antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso. Dun espazo de represión a outro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde...
Segundo episodio que adicamos a Os Comúns. Tras charlar con Fran Quiroga dende un punto de vista máis teórico, nesta ocasión unha ollada de preto á Comisión Aberta en Defensa do Común. Acompáñanos Manuel Monge, integrante desta plataforma nada para reivindicar a devolución gratuíta de diversos espazos da cidade da Coruña, que por motivos políticos e...
Hoxe comenzamos unha serie de tres episodios sobre Os Comúns, ou Procomúns:Como paradigma, o procomún consiste en modelos evolutivos e funcionais de autoabastecemento e xestión que combinan o económico e o social, o colectivo e o individual. No fondo é humanístico pero tamén ten implicacións profundamente políticas, porque o só feito de venerar os comúns pode...
Acabamos o ano charlando con Xosé Manuel Rosales, arquitecto, Catedrático de Educación Secundaria e Profesor Asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña. Ademais, é coordinador do Proxecto Terra e coautor dalgunhas das unidades didácticas e materiais audiovisuais alí elaborados. Forma parte do equipo organizador de Ludantia, a I Bienal Internacional...
25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as MulleresNon podiamos deixar escapar a oportunidade de falar das violencias machistas, coincidindo ademais esta celebración no día de publicación de Habitando. Nunca poderemos falar dun hábitat digno mentres non desterremos este tipo selectivo de violencias contra a metade da humanidade, exercido por case toda a...
Benvidos e benvidas á 2ª tempada de Habitando!Para comezar, adicamos o episodio ao acontecido no pasado ArCaDia 4, un congreso que dende 2010 celébrase en España sobre arquitectura e cooperación ao desenvolvemento. Sevilla, As Palmas de Gran Canaria, Madrid e a presente edición recentemente celebrada na Coruña os días 29 e 30 de setembro.O tema desta...
Durante o pasado mes de maio celebramos a cuarta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana baixo o título TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M. Tres sesións adicadas a primeira á participación dende un punto de vista máis teórico, a segunda para achegar experiencias de participación en contornas urbanas e rurais,...
Se somos a especie que máis evolucionou é grazas, entre outros factores, á invención e emprego de novas tecnoloxías. O seu diferente grao de utilización tamén supón un factor diferencial entre os países desenvolvidos e os que están en vías de desenvolvemento. Para falar non de tecnoloxías, senón de tecnoloxías apropiadas contamos hoxe coa presenza de Sergio Fernández de Enxeñería Sen...
O estalido da burbulla inmobiliaria nos últimos anos da década pasada desatou unha das peores e máis lonxevas crises en Galicia e en España. Case 10 anos despois ninguén pode afirmar que a superaramos. Desde entón miles de persoas perderon os seus fogares. Paradóxicamente, o parque de vivendas segue a ser elevadísimo a pesar de...
Os que temos a fortuna de vivir nun país como o noso adoitamos emocionarnos, compadecernos e mesmo solidarizarnos ante imaxes que nos chegan doutros países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento. E convenientemente esquecemos que esa allea realidade é moi similar á de moitos e moitas das nosas concidadás, preferimos que permanezan invisibles.Boa parte dos...
O próximo 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. En Habitando sempre tentamos incluír de forma transversal a cuestión de xénero, pero ante a proximidade da devandita celebración decidimos dedicarlle o episodio enteiro. Un tema tan complexo daría para varias horas de conversa, esperamos que os nosos comentarios incítenvos...
A finais de decembro Adrián, Lara e Miguel, cooperantes de ASF, regresaron tras pasar a maior parte de 2015 traballando en varios proxectos en Guatemala. Xa tiñamos ganas de darlles unha boa aperta, porque aínda que estamos en permanente contacto por videoconferencia ou mensaxería, non é o mesmo.Non podiamos deixar pasar a oportunidade de traelos...
Co gallo do pasado 18 de decembro Día Internacional das persoas migrantes, as Nacións Unidas expoñían:Mesturados con factores de incerteza, urxencia e complexidade, os retos e dificultades da migración internacional requiren unha cooperación fortalecida e unha acción colectiva. As Nacións Unidas están xogando de forma activa un rol catalizador neste área, para crear máis diálogos...
Afirma o pedagogo Francesco Tonucci que as cidades están pensadas para un modelo de persoa únicamente: un adulto, varón e traballador. Un modelo que deixa fora moitos colectivos, entre outros as nenas e nenos que desapareceron das nosas rúas. Preocúpanos o que lles poida pasar si non están vixiados. Por unha banda o problema do...
O pasado luns 5 de outubro celebrouse o Día do Hábitat. Nesta ocasión ONU-Hábitat decidiu prolongar a conmemoración a todo un Outubro Urbano baixo o lema Espazos Públicos para Tod@s. Os bos espazos públicos melloran a cohesión da comunidade e promoven a saúde, a felicidade e o benestar para todos os cidadáns, así como o...
Este episodio de setembro resultou certamente especial. Por tratarse do primeiro de verdade tras a presentación da semana pasada, por ser un monográfico fuxindo da escaleta xeral que estruturará o resto de episodios, e pola cantidade de xente vinculada á organización que se prestou a participar.Un episodio para explicarvos que é, quen son e a...
Ola mundo!Presentámosvos Habitando, o falangullo de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Estamos en plena produción do que será o noso primeiro episodio, pero antes queriamos asomar a cabeza para comentarvos de que vai este novo proxecto.Encántanos o podcasting e temos moitas ganas de contarvos quen somos, o que facemos e de que vai iso do Dereito...