Convocatoria 2017 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR]

Convocatoria 2017 para Proxectos de Coñecemento da Realidade

Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios, con especial preferencia nas persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA.

Os bolseiros e bolseiras colaborarán directamente coas persoas técnicas da organización trasladadas ao terreo, a contraparte local e as propias persoas beneficiarias, desempeñando tarefas propias do traballo de cooperación ao desenvolvemento.

nome

país

zona

duración

data inicio

Proxecto de Coñecemento da Realidade

Guatemala

Retalhuleu

De 1-3 meses

Xullo/Novembro

A concesión da convocatoria está condicionada á obtención do financiamento a través da convocatoria de PCR da UDC, que inclúe o billete de avión, o seguro da viaxe (accidentes e enfermidades) e achegas derivadas da manutención. O gastos de aloxamento e desprazamentos corren a cargo de ASF.

As solicitudes deberán presentarse antes do día 22 de febreiro do 2017 ás 14:00h no local de ASF-E Galicia, planta 2 da ETSAC, Campus da Zapateira, 15071, A Coruña ou ao e-mail guate.reu[@]asfes.org.

BASES COMPLETAS DA CONVOCATORIA en PDF

Deixar unha resposta