Convocatoria 2019 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR]

Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a estudantes universitarios matriculados no curso 2018/2019 a posibilidade de realizar unha estadía en terreo no marco das bolsas ofertadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña XIII Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) en programas de cooperación para o desenvolvemento 2019“.

Proxecto

País

Zona

Duración

Data inicio

Proxecto de Coñecemento da Realidade

Guatemala

Retalhuleu

De 1-3 meses

Xullo/Novembro

O traballo que realizarán as prazas ofertadas nesta convocatoria encádrase dentro dos proxectos desenvolvidos actualmente pola demarcación territorial de Galicia. Así mesmo realizarán tarefas de apoio o traballo realizado por ASF, de forma paralela a unha investigación ou traballo académico con valoración curricular.

As solicitudes deberán enviarse antes do día 6 de marzo ás 14:00h o e-mail gtguatemala.gal@asfes.org ou presentarse no local de ASF-E Galicia, planta 2 da ETSAC, Campus da Zapateira, 15071, A Coruña entregando a seguinte documentación:

  • CV cos datos mais relevantes para a praza e coas actividades afíns realizadas
  • Carta de motivación persoal para a participación na convocatoria

ACTUALIZACIÓN: Debido ao baixo número de candidaturas presentadas amplíase o prazo de presentación para optar á bolsa PCR ata o luns 11 de marzo ás 14:00 h.

BASES COMPLETAS DA CONVOCATORIA en PDF

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.