Convocatoria Asistencia Técnica para a elaboración dun módulo formativo en liña sobre o traballo de ASF Galicia

Obxectivo da convocatoria

A presente convocatoria busca unha persoa ou un equipo que nos asesore no deseño dos pasos a dar e nas metodoloxías axeitadas para

A elaboración dun módulo formativo en liña sobre o traballo específico que se realiza en ASF Galicia para facilitar a formación das novas persoas voluntarias na fase de entrada e acollida á organización

no marco do Proxecto de xestión do voluntariado con incidencia nos coidados, na formación e na sensibilización no eido do traballo de Arquitectura sen Fronteiras – Galicia” financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Para este proceso están comprometido o grupo de de Voluntariado e Formación de ASF Galicia.

Tarefas a realizar

De xeito resumido, as tarefas a realizar agrúpanse nas seguintes fases:

  • Deseño dos contidos. En colaboración co grupo de voluntariado, deseñarase o formato e a metodoloxía mais axeitada para expor os contidos (redacción dun módulo, material audiovisual, ilustracións, outros…)
  • Elaboración do material. No formato escollido para a realización do modulo expoñer as areas de traballo de ASF-G, os proxectos realizados, os grupos existentes e o seu traballo etc. Os novos contidos elaboraranse en galego e castelán, facilitando o acceso do noso voluntariado á información en ambos idiomas.
  • Maquetación e preparación do curso en liña na plataforma.

Remuneración

A elaboración do proceso será obxecto dunha retribución bruta de 800,00 Euros (IVE incluído). O pago realizarase integramente unha vez aprobada a proposta de traballo definitiva, a finais de outubro, unha vez rematado o traballo.

Candidaturas

As persoas ou equipos interesados deberán enviar a súa candidatura á dirección formación.gal@asfes.org​ a​ntes do día 7 de setembro de 2020, especificando:

  • Datos de contacto
  • Curriculum Vitae a​ creditando los méritos e coñecementos necesarios relacionados coa
    avaliación de proxectos
  • Carta de presentación

Mais información

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.