Convocatoria Asistencia Técnica para Evaluacións Finais de dous proxectos de Cooperación Internacional

Instituto el RosarioConvocatoria de Asistencia Técnica para as evaluacións finais externas con perspectiva de xénero dos proxectos de Cooperación Internacional:

a. Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade de El Rosario, Municipio de Champerico (Guatemala)

b. Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do Departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas. Fase 2

Obxectivos da Consultoría

O obxectivo da consultoría é verificar e medir o logro dos resultados expostos nas diferentes compoñentes dos proxectos, retomando os obxectivos, resultados e indicadores de ambos proxectos.

Plan de Traballo

A evaluación realizarase entre o 22/11/2016 e o 31/12/2016.

Equipo Evaluador

As avaliacións levaranse a cabo por un/a consultor/a ou un equipo de avaliación con experiencia en avaliación de intervencións de desenvolvemento (mínimo 5 anos de experiencia e mínimo de 5 avaliacións realizadas).

Así mesmo, os/as consultores/as deberán demostrar coñecemento e experiencia nos procedementos de xestión do ciclo do proxecto.

O perfil profesional requirido sería o seguinte:

a) Formación e/ou experiencia específica en metodoloxía e técnicas de avaliación en proxectos, especificamente no ámbito da educación e a habitabilidade.
b) Experiencia de traballo en Guatemala.

O evaluador/a debe garantir a total independencia da avaliación en relación ao proxecto para avaliar, é dicir, as persoas e/ou equipos evaluadores non poden estar implicados directamente no seu deseño nin a súa implementación.

Honorarios, condicións de pago e prazos

O equipo consultor, persoa natural ou xurídica, recibirá un pago de 5.500,00€ con I.V.A. incluído, polas dúas avaliacións.

Os impostos que poidan afectar, segundo as leis de Guatemala ou España serán responsabilidade da persoa ou equipo consultor responsable, así como todo gasto de desprazamento, estancias e dietas

– 40% á firma do contrato, con deseño metodolóxico da avaliación recibido conforme
– 60% contra entrega do informe final

Prazo para recepción de ofertas

– O prazo termina o 17 de Novembro de 2016 ás 23:55h de España.
– A resolución farase pública o 22 de Novembro de 2016.

As propostas débense dirixirse a Arquitectura Sen Fronteiras Guatemala, no enderezo electrónico gtguatemala.gal[@]asfes.org poñendo como asunto: Avaliación Xunta de Galicia – Proxecto 02/15 e Proxecto 03/15

Para calquera consulta comunicarse ao teléfono España 0034 981167000 ext 5033 e Guatemala 00502 45487570.

Termos de Referencia Completos

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.