Convocatoria dunha praza de expatriado/a novel de ASF-Galicia en Guatemala

Actualmente o Grupo de Cooperación Internacional de ASF-Galicia está executando 4 proxectos financiados pola Xunta de Galicia na costa Sur de Guatemala, concretamente no departamento de Retalhuleu, asemade está identificando novos proxectos en outras rexión do país. ASF-Galicia conta con unha oficina en Retalhuleu e con dous expatriados, un coordinador pais e unha técnica de proxectos. A praza de persoal expatriado que se publica na presente convocatoria está orientada a persoas que queren iniciar a súa carreira profesional no eido da cooperación ao desenvolvemento en materia de habitabilidade básica. A persoa contratada formará parte do Grupo de Cooperación Internacional e será formada polo equipo en terreo de ASF-Galicia para desempeñar as súas funcións. Concretamente asumirá a coordinación da líña de “habitat domiciliar” co apoio dos outros expatriados en terreo e participará na execución dos demáis proxectos de ASF-Galicia. Primaranse no proceso de selección ás persoas con desexo de orientar a súa carreira profesional no eido da habitabilidade básica na cooperación ao desenvolvemento e con compromiso de permanecer no grupo de Cooperación Internacional de ASF-Galicia.

Posto de traballo

Persoal expatriado novel de ASF-Galicia en Guatemala para os proxectos de “Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación mais vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.”

Convocatoria Praza ExpatriadaDescrición do traballo

Sen prexuízo doutras outras funcións que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo da organización, as principais responsabilidades do posto serán:

– Xestión administrativa e coordinación técnica e económica dos proxectos
– Coordinación das actividades específicas dos proxectos
– Seguimento da execución das obras e control económico
– Formulación e identificación de proxectos
– Apoio nas labores de comunicación do grupo e representación institucional ante os medios
– Representación de ASF ante redes asociativas vinculadas a Cooperación Internacional en terreo

Perfil/Requisitos

– Enxeñeiro/a, arquitecto/a, aparellador/a ou calquera perfil técnico con experiencia en construción
– Experiencia en seguimento e xustificación técnica e financeira de proxectos de cooperación ao desenvolvemento
– Formación e coñecemento das ferramentas do Marco Lóxico así como do Ciclo e Xestión de proxectos de Cooperación
– Formación e coñecementos na xestión orientada a resultados
– Experiencia en proxectos relacionados co hábitat
– Experiencia en dirección e xestión de obras
– Experiencia en xestión de grupo de persoas voluntarias e contratadas
– Capacidade de xestión e planificación
– Capacidade de análise e iniciativa
– Facilidade de traballo en equipo e con grupos interculturais
– Manexo de ferramentas informáticas: ofimática (follas de cálculo), programas de deseño gráfico e CAD
– Capacidade de adaptación
– Carné de conducir

Condicións laborais

O período do contrato comezará na primeira quincena de setembro e durará ata o 22 decembro de 2016.
Localización: Oficina de ASF en Retalhuleu, Guatemala
Salario: 1600€ brutos mensuais (Categoría E3)

Proceso de selección

Aquelas persoas interesadas nesta convocatoria deben enviar o seu curriculum vitae sinalando especialmente aqueles aspectos relacionados cos criterios de selección e unha carta de motivación. Enviar o cv e carta de motivación indicando a referencia “CV Expatriado” ata o día 28 de xullo de 2016 (incluído) a seguinte dirección: galicia [@] asfes.org

As persoas seleccionadas en base ao curriculum poderán ser convocadas a unha entrevista persoal. A resolución da praza farase pública o día 4 de agosto. No caso de non atopar un perfil axeitado ao solicitado ASF reservase a posibilidade de modificar os prazos.

+INFO: Términos de Referencia completos da convocatoria

Deixar unha resposta