Convocatoria dunha praza de expatriado/a novel de ASF-Galicia en Guatemala

Actualmente o Grupo de Cooperación Internacional de ASF-Galicia está executando 4 proxectos financiados pola Xunta de Galicia na costa Sur de Guatemala, concretamente no departamento de Retalhuleu, asemade está identificando novos proxectos en outras rexión do país. ASF-Galicia conta con unha oficina en Retalhuleu e con dous expatriados, un coordinador pais e unha técnica de proxectos. A praza de persoal expatriado que se publica na presente convocatoria está orientada a persoas que queren iniciar a súa carreira profesional no eido da cooperación ao desenvolvemento en materia de habitabilidade básica. A persoa contratada formará parte do Grupo de Cooperación Internacional e será formada polo equipo en terreo de ASF-Galicia para desempeñar as súas funcións. Concretamente asumirá a coordinación da líña de “hábitat domiciliar” co apoio dos outros expatriados en terreo e participará na execución dos demais proxectos de ASF-Galicia. Primaranse no proceso de selección ás persoas con desexo de orientar a súa carreira profesional no eido da habitabilidade básica na cooperación ao desenvolvemento e con compromiso de permanecer no grupo de Cooperación Internacional de ASF-Galicia.

Posto de traballo

Persoal expatriado novel de ASF-Galicia en Guatemala para os proxectos de “Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación mais vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas. Fase 4”

2014 Proxecto B'an ChuinklalDescrición do traballo

Sen prexuízo doutras funcións que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo da organización, as principais responsabilidades do posto serán:

Xestión administrativa e coordinación técnica e económica dos proxectos.

– Coordinación das actividades específicas dos proxectos.

– Seguimento da execución das obras e control económico.

– Formulación e identificación de proxectos.

– Apoio nas labores de comunicación do grupo e representación institucional ante os medios.

– Representación de ASF ante redes asociativas vinculadas a Cooperación Internacional en terreo.

Perfil/Requisitos

– Enxeñeiro/a, arquitecto/a, aparellador/a ou calquera perfil técnico con experiencia en construción.

– Experiencia en seguimento e xustificación técnica e financeira de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

– Formación e coñecemento das ferramentas do Marco Lóxico así como do Ciclo e Xestión de proxectos de Cooperación.

– Formación e coñecementos na xestión orientada a resultados.

– Experiencia en proxectos relacionados co hábitat.

– Experiencia en dirección e xestión de obras.

– Experiencia en xestión de grupo de persoas voluntarias e contratadas.

– Capacidade de xestión e planificación.

– Capacidade de análise e iniciativa.

– Facilidade de traballo en equipo e con grupos interculturais.

– Manexo de ferramentas informáticas: ofimática (follas de cálculo), programas de deseño gráfico e CAD.

– Capacidade de adaptación.

– Carné de conducir.

Condicións laborais

O período do contrato comezará 1 de outubro e durará ata o 31 decembro de 2017 (viaxe a Guatemala na primeira semana de outubro e regreso o 22 de decembro)

Localización: Oficina de ASF en Retalhuleu, Guatemala

Salario: 1600€ brutos mensuais (Categoría E3)

Proceso de selección

Aquelas persoas interesadas nesta convocatoria deben enviar o seu curriculum vitae sinalando especialmente aqueles aspectos relacionados cos criterios de selección e unha carta de motivación. Enviar o cv e carta de motivación indicando a referencia “CV Expatriado” ata o día 23 de setembro de 2017 (incluído) a seguinte dirección: gtguatemala.gal@asfes.org

As persoas seleccionadas en base ao curriculum poderán ser convocadas a unha entrevista persoal. A resolución da praza farase pública o día 27 de setembro. No caso de non atopar un perfil axeitado ao solicitado ASF reservase a posibilidade de modificar os prazos.

+INFO: Términos de Referencia completos da convocatoria (galego)

Términos de Referencia completos da convocatoria (castellano)

 

 

Deixar unha resposta