Convocatoria praza de encargada na cooperativa Mulleres Colleiteiras

Mulleres Colleiteiras
Contexto do Proxecto Social Mulleres Colleiteiras

O proxecto de inserción socio-laboral Mulleres Colleiteiras baseado na recollida de aceite vexetal usado para a súa reciclaxe, consta de dúas partes diferenciadas e complementarias: o proxecto social e a cooperativa.

En Abril de 2013 comeza un proxecto piloto no barrio de Montealto coa participación de 23 mulleres en situación de exclusión social. Tras dous anos de experiencia en habilidades sociais e formación prelaboral, difusión do proxecto e búsqueda de clientes, etc., en xullo de 2015 catro das mulleres constitúen ante notario a cooperativa.

O obxectivo do proxecto social é seguir formando a outras mulleres a través de prácticas prelaborais. A medida que o proxecto empresarial se consolide e sexa sostible, as mulleres que participan no proxecto social, poderán ir incorporándose paulatinamente á cooperativa.

Perfil solicitado
  • Persoa con experiencia en xestión de proxectos empresariais
  • Manexo de programas de ofimática, internet e correo electrónico
  • Carnet de conducir e vehículo propio. Capacidade de manexo de furgoneta
  • Valorarase a experiencia en organización e xestión de proxectos empresariais de tipo social (economía social, cooperativas, empresas de inserción, etc.)
  • Valoraranse os coñecementos e experiencia de xestión de grupos
  • Valorarase a capacidade de traballo en grupo e planificación, capacidade de análise e iniciativa, capacidade de adaptación, resolución de conflictos e mediación, empatía
  • Capacidade de planificación, realización e supervisión das tarefas propias das socias traballadoras (en nave e en ruta)
  • Capacidade para transmitir os coñecementos ás compañeiras e experiencia de traballo en grupo
  • Coñecemento do ámbito de actuación (Concello da Coruña e comarca)
Obxectivos e tarefas

O traballo estruturarase da seguinte maneira:

Polas mañás, no centro de traballo realizará a supervisión e acompañamento da actividade diaria das traballadoras (socias ou en prácticas) da cooperativa na nave ou nas rutas de recollida no ámbito da comarca Coruña-Ferrol. A través do acompañamento proponse o traspaso paulatino de tarefas ás socias a medida que estas estean preparadas para levalas a cabo.

Esta persoa se unirá ao grupo de traballo formado polas comisións e a coordinación, para o que puntualmente modificarse o horario ás tardes.

Duración do contrato

15 Agosto – 31 Decembro 2017

A partir de Xaneiro 2018 valorarase se a contratación pode ser a través da cooperativa, coa posibilidade de entrar a formar parte como socia da mesma.

Condicións laborais

Salario bruto mensual a percibir 1037,12 €

Localizacións dos espazos de traballo: Nave de Mulleres Colleiteiras no Polígono de Iñás, Oleiros e Oficina de ASF na Escola Técnica Superior de Arquitectura, Campus da Zapateira, A Coruña.

Xornada de 30h á semana en horario de mañá (9h-14h) e unha tarde á semana. Requírese disponibilidade para adaptarse ás demandas da propia actividade e das reunións de coordinación co equipo de traballo.

Proceso de selección

Aquelas persoas interesadas nesta convocatoria deben enviar o seu curriculum vitae ata o xoves 27 de Xullo incluído, sinalando especialmente aqueles aspectos relacionados cos criterios de selección e unha carta de motivación. A dirección de correo é: gtlocal.gal[@]asfes.org. Indicar no asunto “Persoal Mulleres Colleiteiras”.

Máis Información

Para más información consultar os termos de referencia completos da convocatoria.

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.