Convocatoria dunha praza de técnico/a de cooperación internacional de ASF-Galicia

Posto de traballo

Sen prexuízo doutras funcións que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo da organización, as principais responsabilidades do posto serán:

Xestión administrativa e coordinación técnica e xustificación económica dos proxectos de Cooperación Internacional.

-Coordinación do equipo de persoas voluntarias.

-Coordinación das actividades de difusión dos proxectos de Cooperación Internacional.

-Formulación e identificación de proxectos.

-Relación cos financiadores en España.

-Apoio nas labores de comunicación do grupo, representación institucional ante os medios.

-Representación de ASF ante redes asociativas vinculadas á Cooperación Internacional.

Perfil/Requisitos

– Técnico/a de cooperación internacional ao desenvolvemento.

– Experiencia en seguimento e xustificación técnica e financeira de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

– Formación e coñecemento das ferramentas do Marco Lóxico así como do Ciclo e Xestión de proxectos de Cooperación.

– Formación e coñecementos na xestión orientada a resultados.

– Experiencia en proxectos relacionados co hábitat.

– Experiencia en xestión de grupo de persoas voluntarias.

– Capacidade de xestión e planificación.

– Capacidade de análise e iniciativa.

– Facilidade de traballo en equipo e con grupos interculturais.

– Manexo de ferramentas informáticas: ofimática (follas de cálculo) e programas de deseño gráfico.

Condicións laborais

O período do contrato será do 1 de outubro ao 31 decembro de 2017 a media xornada.

Localización: Oficina de Arquitectura Sen Fronteiras situada na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña

Salario: 900 euros brutos mensuais (táboa salarial de ASF para media xornada)

Proceso de selección

Aquelas persoas interesadas nesta convocatoria deben enviar o seu curriculum vitae sinalando especialmente aqueles aspectos relacionados cos criterios de selección e unha carta de motivación. Enviar o cv e carta de motivación indicando a referencia “CV Técnico/a en sede” ata o día 23 de setembro de 2017 (incluído) a seguinte dirección: gtguatemala.gal@asfes.org

As persoas seleccionadas en base ao curriculum poderán ser convocadas a unha entrevista persoal. A resolución da praza farase pública o día 27 de setembro.

+INFO: Términos de Referencia completos da convocatoria (galego)

Términos de Referencia completos da convocatoria (castellano)

 

 

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.