Cooperación Internacional

O grupo de Cooperación Internacional de ASF-Galicia traballa dende 1995 en diferentes rexións de América Latina e dende 1999 centrando as súas intervencións en Guatemala, en programas de desenvolvemento humano cos colectivos máis vulnerables.

Os proxectos buscan dar resposta as necesidades básicas de habitabilidade domiciliar da poboación máis desfavorecida, actuando tamén en áreas de educación, saúde e produtividade, cunha perspectiva de actuación a medio e longo prazo. A través destas intervencións, en colaboración con diversas entidades locais e internacionais, lógranse materializar cambios reais e pertinentes nos contextos onde se desenvolven.

Devanditos proxectos son deseñados e executados por profesionais, persoas técnicas e voluntarias, comprometidas cos valores da cooperación, baixo criterios de austeridade, participación, xénero, pertinencia cultural, sustentabilidade ambiental e tecnoloxías apropiadas, dando lugar a resultados sociais e materiais respectuosos coas costumes locais, os dereitos humanos e o medio ambiente.

Cooperación Internacional