Voluntariado en terreo

PCR: proxectos de coñecemento da realidade

Un Proxecto de Coñecemento da Realidade é unha bolsa da Oficina de Cooperación y Voluntariado da Universidade da Coruña (financiada pola mesma UDC, grazas a unha iniciativa promocionada dende a OCV e en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia) que permite a estudantes desprazarse a outro país para realizar unha estadía de cooperación. O obxectivo destas bolsas é que o estudantado da UDC coñezan a realidade que se vive nos países de destino e poidan realizar traballos validables como proxectos fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira. Tamén dende o ano 2012, póden disfrutar de esta oportunidade os e as estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, (financiada dentro do Servicio de Participación e Integración Universitaria na área de Voluntariado -SEPUI-, Particiapación e Cooperación Internacional)

Dende Arquitectura Sen Fronteiras valóranse os Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR] como unha posibilidade para o  estudantado universitario de participar en proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento nos países do sur. Neste senso, os PCR constitúen un elemento clave de colaboración directa entre a comunidade universitaria e as ONGs, creando así toda unha serie de sinerxías relacionadas coas capacidades técnicas, culturais e económicas de ambos axentes en favor da mellora das condicións de vida das poboacións máis desfavorecidas.

Un dos obxectivos principais do programa é que os e as participantes obteñan unha formación práctica e directa que lles permita mellorar as súas capacidades técnicas, así coma un coñecemento da realidade das comunidades coas que se traballe, que fortaleza o seu pensamento crítico e a súa percepción da realidade de inxustiza global.

Os PCR móstranse tamén como unha ferramenta de sensibilización clave e eficaz para a concienciación entre o noso entorno da situación de desigualdade social e económica, a través da realización de actividades de sensibilización e da transmisión da propia experiencia por parte das e dos participantes. Deste xeito, entendese tamén relevante vincular a participación neste programa de coñecemento da realidade á realización de actividades académicas e investigadoras no eido da universidade.

Dende o ano 2008, ASF Galicia convoca cada ano propostas para que o alumnado poida disfrutar dunha experiencia no terreo en Guatemala.

Coa colaboración de:
Universidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela