Construción dunha vivenda

para unha familia en condicións de vulnerabilidade
Santa Clara la Laguna, Departamento de Sololá. 2013-2014

2013 Vivenda en Santa Clara

A construción desta vivenda en Santa Clara la Laguna é o resultado dunha asistencia técnica que Arquitectura Sen Fronteiras realizou para Diakonia e para a Rede Departamental de Mulleres Sololatecas con Visión Integral (REDMUSOVI), dúas organizacións, a primeira sueca e a segunda guatemalteca, que traballan co obxectivo de consolidar os Dereitos Humanos en Guatemala.

O proxecto trataba de mellorar as condicións domiciliares da familia dunha sobrevivente de violencia e en situación de vulnerabilidade, cuxa casa fora derruida polo terremoto de 2011.

O traballo de Arquitectura Sen Fronteiras consistiu no deseño e a planificación da execución dunha vivenda que respondese as necesidades da familia, tres estancias independentes e un baño, e que se axustase a un orzamento moi limitado. Con estas premisas plantéxase un deseño centrado nun alto grao de aproveitamento dos recursos: optimizando as formas e os elementos construtivos, utilizando materiais dispoñibles na contorna e contratando a persoal local.

A construción levouse a cabo en seis semanas coa participación de dous albaneis locais, un supervisor e a achega da familia como man de obra non cualificada. Pola súa banda, Arquitectura Sen Fronteiras e REDMUSOVI levaron a cabo o seguimento técnico e administrativo respectivamente.

Como resultado da intervención, a familia puido dispoñer dunha vivenda segura e adecuada, mellorando así a súa calidade de vida e perspectivas de futuro.

2013 Vivenda en Santa Clara planos

2013 Vivenda en Santa Clara

2013 Vivenda en Santa Clara

2013 Vivenda en Santa Clara

Departamento de Sololá

Nome do proxecto: Construción dunha vivenda para unha familia en condicións de vulnerabilidade

Lugar: Departamento de Sololá, Guatemala

Data de execución: 2013-2014

Financiador: REDMUSOVI e Diakonia

Presuposto: 4.375 €

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: REDMUSOVI

Ficha: PDF

Coa colaboración de:
REDMUSOVI
Diakonia