Documental adobe sismo resistente

dentro do proxecto de saúde reprodutiva accesible
Departamentos de el Quiché. 2013

Adobe sismo resistente

Este documento gráfico trata de recoller a tecnoloxía construtiva de adobe sismo resistente desenvolvida pola Universidade de El Salvador a través do Proxecto Taishin, posta en práctica por Arquitectura Sen Fronteiras e Médicos Descalzos na construción da Casa Materna Ri Kichoch Ri Ki Alanik, lugar de atención do Consello de Comadroas Tradicionais do municipio de Chinique, Guatemala, dentro do Proxecto de saúde reprodutiva accesible.

O obxectivo desde vídeo é a difusión e a transmisión dunha solución construtiva accesible e eficaz, capaz de garantir a estabilidade estrutural da vivenda ante movementos sísmicos. Este sistema construtivo sismo resistente está elaborado con materiais naturais e de moi baixo custo, sendo accesible para tódalas familias e de este modo, podendo ser adoptado e utilizado nas novas construcións ou melloras de vivenda.

Departamento de El Quiché

Nome do proxecto: Documental adobe sismo resistente

Lugar: Departamento de El Quiché

Data de execución: setembro de 2013

Financiador: Universidade da Coruña

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: Médicos Descalzos e ASECSA

Coa colaboración de:
Médicos Descalzos
ASECSA
Universidade da Coruña