Fichas Técnicas de Materiais de Construción

para proxectos de Habitabilidade Básica
A Coruña (Galicia) e Retalhuleu (Guatemala). 2010

Fabricación de Tellas

Grazas ás bolsas do Proxecto de Coñecemento da Realidade (PCR) da Universidade da Coruña, no ano 2010 Cristina Blanco e Paula Morales participaron nos proxectos de Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala. Colaboraron en distintas actividades vinculadas ao Programa de Desenvolvemento integral Oxlajuj Tz'ikin no que participaba ASF xunto a outras ONGDs.

Un dos traballos que realizaron foi a redacción dunhas fichas sobre varios materiais de construción axeitados para proxectos de habitabilidade básica: tellas de microconcreto, bloques e paneis de formigón (que ASF xa usaba nos seus proxectos na zona) e adobe, tapial e bambú (que ASF estaba a plantexarse utilizar).

 

Departamentos de Retalhuleu

Nome do proxecto: Elaboración de fichas técnicas de materiais de construción axeitados para proxectos de habitabilidade básica 

Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala, e A Coruña, Galicia

Data de execución: 2010

Financiador: Universidade da Coruña

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: ASIAPRODI

Fichas Técnicas:

- Tellas de Microconcreto
- Bloque de Formigón
- Panel de Formigón
- Adobe-Tapial
- Bambú

Coa colaboración de: