Investigación sobre construción con botellas PET

no marco do fondo de investigación 0,7%
Champerico, Departamento de Retalhuleu. 2011

2011 Investigación PET

O proxecto de investigación sobre tecnoloxías de construción con material reciclado desenvolveuse, no marco do Programa Oxlajuj Tz'ikin, como resposta ao problema derivado da queima xeneralizada de residuos plásticos, identificado pola Comisión de Medio Ambiente creada no programa.

O proxecto plantexouse como obxectivo reutilizar estes refugallos dun xeito útil e creativo para evitar a contaminación que se produce na súa combustión. A solución proposta polo equipo de investigación consistiu en utilizar estes materiais para a construción de muros e cerramentos de baixo custo.

O proxecto realizouse en dúas fases: na primeira, que leva a cabo na Universidade da Coruña (España), estúdanse, analizan e ensaian os posibles sistemas construtivos ata definir a solución que se entende a priori como máis adecuada. Na segunda, parte do equipo desprazouse a Guatemala para facer probas in situ e comprobar a idoneidade do sistema exposto. Como prototipo construíuse, a través de varios obradoiros con persoas mozas e adultas, un salón comunal dentro das instalacións da Cooperativa Comunitaria B'eljuj Q'anil.

Acompañando este proceso levaron a cabo dous tipos de formacións: por unha banda, realizouse a transferencia tecnolóxica a través de obradoiros prácticos de construción e, por outra, fixéronse unhas capacitacións acerca do tratamento dos residuos, os problemas que pode ocasionar un manexo inadecuado, e as alternativas á queima de determinados produtos.

2011 Investigación PET Alzado

2011 Investigación PET Alzado

2011 Investigación PET Sección

2011 Investigación PET

2011 Investigación PET

2011 Investigación PET

 

Departamentos de Retalhuleu

Nome do proxecto: Construción con botellas PET

Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala

Data de execución: 2011

Financiador: Universidade da Coruña

Presuposto: 14.600€

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: ASIAPRODI

Ficha: PDF

Investigación: Reciclaje de material plástico de desecho para su aprovechamiento en sistemas constructivos en usos comunitarios

Unidades Didáctica: Obradoiro Construimos Reciclamos

Coa colaboración de:
Asiaprodi
Universidade da Coruña