Proxecto B'an Chuinklal

de mellora das condicións a un hábitat domiciliar saudable da poboación vulnerable, fase 1
Departamento de Retalhuleu. 2014

2014 Proxecto B'an Chuinklal

O proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de hábitat da poboación do Municipio de Champerico, na costa sur de Guatemala; dando así continuidade ao traballo que dende o ano 1997 Arquitectura Sen Fronteiras desenvolve nesta rexión.

Como parte deste proxecto construíronse 20 vivendas para familias en condicións de alta vulnerabilidade nas comunidades de Nova Cajolá e Cuchuapán. A intervención complementouse cunha serie de obradoiros, a 60 familias das mesmas comunidades, sobre hábitos hixiénicos saudables na contorna domiciliar. Coas capacitacións tratáronse de promover prácticas sinxelas de limpeza, manexo da auga, de alimentos etc... que reducisen os riscos de contraer as principais enfermidades que afectan a estas poboacións.

Por outra banda, o proxecto contemplou unha acción estratéxica a máis longo prazo que se traballou coas autoridades locais. A través dunha serie de obradoiros deuse a coñecer ás estruturas comunitarias e ao Consello de Dirección Municipal de Champerico a nova lei de vivenda de Guatemala e os seus regulamentos operativos; así como diferentes mecanismos de produción social do hábitat. Deste xeito, tratouse de fortalecer as capacidades locais para a resolución autónoma dos problemas de vivenda e hábitat na rexión.

Seguindo a lóxica de intervención de ASF, tratouse de xerar dinámicas en torno ao proxecto e á construción para o fomento do desenvolvemento local. Neste sentido tratáronse de fortalecer as estruturas locais, contratouse a albaneis e traballadores das comunidades, involucrouse ás propias familias no traballo e empregáronse os materiais da cooperativa B'eljuj Q'anil, unha iniciativa produtiva local, cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento comunitario nesta rexión.

Maquetas da Vivendas

2014 Proxecto B'an Chuinklal

2014 Proxecto B'an Chuinklal Planos

2014 Proxecto B'an Chuinklal

Departamento de Retalhuleu

Nome do proxecto: Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas

Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala

Data de execución: 2014

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 86.977€

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: ASIAPRODI e FODHAP

Ficha: PDF

Coa colaboración de:
Asiaprodi
FODHAP
Xunta de Galicia