Proxecto de apoio á Cooperativa B’eljuj Q’anil

a través da adquisición dun vehículo de transporte
Champerico, Departamento de Retalhuleu. 2015

Camión Cooperativa B'eljuj Q'anil

O proxecto ten como obxectivo impulsar a iniciativa produtiva comunitaria de carácter social B'eljuj Q'anil que Arquitectura Sen Fronteiras, desde os seus inicios en 2010, acompaña no departamento de Retalhuleu, Guatemala.

Dende ese momento a cooperativa traballa de xeito independente vendendo materiais na contorna e constituíndo unha fonte de traballo para a poboación. Durante os últimos anos de traballo observouse que os resultados da cooperativa, sen ser negativos, estaban por baixo das expectativas esperadas e do potencial e capacidades das persoas que as compoñen.

Diagnosticáronse varios obstáculos ou dificultades, entre eles, a ausencia dun vehículo para o transporte de materiais. Esta carencia situaba á cooperativa nunha situación de desvantaxe con respecto ás empresas da cabeceira do departamento que teñen maiores recursos e capacidade de investimento.

A través deste proxecto procedeuse á adquisición dun vehículo para o transporte de materiais podendo visualizar como supuxo unha mellora para a produtividade da cooperativa a través dos seguintes aspectos

- Rebaixou os custos de transporte de agregados para a fabricación dos materiais (bloques e tellas)
- Rebaixou os custos de transporte do material acabado
- Mellorou o servizo ofrecido pola cooperativa, ao poder trasladar o material terminado dende a planta de fabricación ata as obras dos clientes
- Permitiu establecer un novo servizo na cooperativa: o frete de produtos

Por outra banda, estes aspectos non só supoñen unha mellora cualitativa a nivel produtivo, senón que viñeron a motivar e dinamizar ao persoal, aos directivos e ao conxunto da cooperativa tras un período de incerteza, no que sentían moitas dificultades á hora de competir coas empresas de maior nivel da cabeceira municipal.

Departamentos de Retalhuleu

Nome do proxecto: Apoio á cooperativa B’eljuj Q’anil para a adquisición dun vehículo de transporte

Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala

Data de execución: 2015

Financiador: Fundación Roviralta

Presuposto: 8.000 €

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: ASIAPRODI

Ficha: PDF

Coa colaboración de:
Asiaprodi
Fundación Roviralta