Estratexia de inclusión en asentamentos chabolistas

Unha proposta global á situación nos asentamentos de As Rañas e A Pasaxe
Descrición e Obxectivos

A “estratexia de inclusión social en asentamentos chabolistas” constitúe o marco no que traballamos dende o grupo de cooperación local nos asentamentos precarios de As Rañas e A Pasaxe da cidade de A Coruña.

As accións de acompañamento á poboación dos asentamentos no proceso de transición a un hábitat digno están orientadas a facilitar o acceso a unha vivenda digna así como a promover a inclusión social, a participación e benestar das familias deste colectivo.

[alaya_tabs][alaya_tab title="Enfoque"]

A estratexia caracterízase polo seu enfoque holístico. A reflexión sobre a realidade dos asentamentos oriéntase dende unha perspectiva global considerando a complexidade dos contextos e das persoas.

Consideramos a vivenda como un dereito e como unha compoñente fundamental para a inclusión, a participación e o benestar. Deste xeito, o acceso á vivenda digna é unha cuestión básica nos procesos de transición ao hábitat digno pero non constitúe por sí mesmo unha garantía no proceso de inclusión das familias.

As cuestións relativas á mellora das condicións de salubridade, o acceso á información e aos recursos, a mellora da formación e empregabilidade, a atención sanitaria ou a participación en ocupacións significativas, entre outras, son aspectos fundamentais que consideramos dentro desta visión transdisciplinar.[/alaya_tab] [alaya_tab title="Metodoloxía"]

A metodoloxía que empregamos consiste no desenvolvemento de itinerarios individualizados de inclusión como ferramenta para construír colaborativamente coas familias a súa estratexia de acceso ao hábitat digno.

O traballo basease nas seguintes premisas:

- Traballo de campo: o acompañamento á poboación en contextos e actividades da vida cotiá posibilita un seguimento continuo e próximo á realidade das persoas. Esta forma de traballar axudanos a ter información actualizada sobre as familias de xeito pormenorizado ao mesmo tempo que se inciden nas barreiras e oportunidades para a súa participación.

- Traballo en rede: coordinarse cos axentes participantes é fundamental de cara a traballar nun proceso global de mellora da inclusión e aproveitar todos os recursos dispoñibles para elo, favorecendo a coherencia nas accións derivadas dos diferentes ámbitos (educación, vivenda, saúde, medio ambiente, traballo, etc.).

- Participación entendida como obxectivo e ferramenta nos procesos. Considerámola fundamental á hora de acadar procesos sostibles e consensuados entre todos os axentes, situando á propia poboación como protagonista. Facer efectiva esta participación dende o inicio do proceso e en todas as fases do mesmo facilitará a implicación dos diversos axentes e promoverá propostas adecuadas ás necesidades reais.

- Transdisciplinariedade: no equipo intégranse profesionais de diferentes disciplinas (arquitectura, educación social, terapia ocupacional, socioloxía, traballo social, entre outras) que traballan para conseguir unha visión máis ampla á hora de aproximarse á situación de cada familia así como a da comunidade no seu conxunto.[/alaya_tab] [alaya_tab title="Liñas de acción"]

O traballo que desenvolvemos baséase en 3 liñas de acción principais:

Liña de participación cotiá e benestar

Promovemos aquelas actuacións transversais que faciliten a implicación e participación das persoas naquelas ocupacións que lles sexan significativas e que as empoderen para tomar parte protagonista das decisións que afectan á súa vida. Incídese no acceso aos diferentes recursos sociais, sanitarios e de educación, así como na participación en actividades comunitarias, de ocio e de xogo que promovan o benestar e a inclusión social.

Liña de inserción laboral e empregabilidade

Traballamos na mellora da empregabilidade da poboación a través da participación en actividades pre-laborais e de formación. Con isto pretendemos facilitar o acceso a un traballo que promova unha seguridade económica sostible no tempo, que sexa significativo e satisfaga as súas aspiracións, ao mesmo tempo que garanta un acceso ao mercado laboral en igualdade de oportunidades.

Liña de habitabilidade e salubridade

Facilitamos aquelas actuacións en materia de acceso á vivenda, mellora das condicións de salubridade e dos hábitos no entorno da comunidade; mediante a participación en actividades da vida cotiá que promovan o benestar familiar e comunitario.[/alaya_tab][/alaya_tabs]