Mulleres Colleiteiras
Mulleres Colleiteiras
2015 - Cooperativa e Proxecto Social
A partir da conformación da cooperativa o proxecto separase en dous ámbitos distintos coa idea de clarificar as responsabilidades e implicación entre todas as participantes. Por un lado a cooperativa, e por outro lado o proxecto social.
Cooperativa
Dende finais do ano 2014 e durante o ano 2015 realizouse un traballo moi enfocado en sacar adiante a constitución da cooperativa e posta en marcha. No mes de xullo constituíuse legalmente como cooperativa sen ánimo de lucro (Mulleres Colleiteiras S. Coop. Galega) impulsada por catro das mulleres participantes do proxecto, dúas do asentamento da Pasaxe e dúas das Rañas.
As catro socias traballadoras da cooperativa deron de alta a súa actividade no mes de setembro e dende ese momento están a traballar sen percibir remuneración algunha en concepto de salario, á espera de atopar o punto de equilibrio entre os gastos e os ingresos da empresa.
No ano 2015 solicitáronse as axudas para cooperativas de nova creación que convoca a Xunta de Galicia. Dous dos tres programas solicitados foron concedidas para a cooperativa de Mulleres Colleiteiras co requisito, entre outros, de permanecer na actividade durante 3 anos.
Por parte de ASF realizase un seguimento e acompañamento ás socias no desenvolvemento das tarefas principais: recollida e almacenamento do aceite, tarefas de xestión interna da cooperativa, búsqueda de financiacións e apoio, actividades de formación e difusión, etc. Para a realización desta coordinación celébranse semanalmente asambleas da cooperativa ás que asisten ademais das socias traballadoras as persoas de ASF encargadas do seguimento do proxecto.
Ao longo do ano 2015 fíxose tamén realidade a consecución dun espazo propio para a realización da actividade. A nave, na que traballarán as participantes de Mulleres Colleiteiras e onde terán o material almacenado, sitúase no Polígono Industrial de Iñás (Concello de Oleiros).
En xaneiro, o peche da empresa Reciflú coa que ASF tiña Convenio de recollida de aceite levounos a buscar a SB Galicia S.C., como empresa valorizadora encargada da recollida do aceite por parte de Mulleres Colleiteiras. Durante todo o ano SB encargouse da recollida, inicialmente no depósito propio situado no punto limpo de Ledoño ata o mes de febreiro en que se produce un incidente no mesmo e, por parte do Consorcio das Mariñas, nos retiran a autorización para almacenar o aceite de MC nese punto. A partir de marzo se xestiona con SB a recollida do aceite na propia furgoneta de MC, cando por parte de ASF sexa solicitado o servizo. Este tema dificultou bastante o traballo de recollida ao utilizar a mesma furgoneta de punto de almacenaxe e só dispor de espazos nos propios asentamentos para as actividades de limpeza dos contenedores e dos bidones. A falta dun espazo adecuado para necesidades do traballo cotiá orixinou crecentes tensións e problemas entre os propios habitantes do asentamento, nomeadamente nas Rañas, polas consecuencias negativas que este almacenamento xeraba. A empresa Insertega colaborou con Mulleres Colleiteiras cedendo parte da súa nave para almacenar material de MC que aínda non se estivera usando.
Debido á urxencia dun espazo de almacenamento e traballo axeitado, enfatizáronse os labores de xestión para conseguir o aluguer dunha nave en condicións económicas favorables e valorouse, como a mellor opción, o alugueiro das naves dispoñibles no viveiro de empresas de Iñas, Oleiros. Esta xestión precisou de diversas reunións, visitas ao lugar e preparación de documentación tanto a nivel político como técnico, que se intensificaron nos meses de verano ata que no mes de setembro concédennos o aluguer da nave sen coste, debido ás bonificacións correspondentes, durante o primeiro ano. Neste mes se setembro lévanse a cabo labores de acondicionamento mínimo do espazo que se reducen á pintura do chan con material antideslizante e que facilite a súa limpeza, e se inician os trámites necesarios a nivel de boletín eléctrico.
A medida que a capacidade económica o permita, o espazo irase adaptando e mellorando coa infraestrutura necesaria que permita seguir crecendo e consolidando o proxecto. A día de hoxe, a iniciativa conta cun vehículo propio e diversos materiais específicos para o desenvolvemento da actividade, entre eles 420 bidóns de 30 litros e que son fundamentais para poder seguir ampliando a rede de recollida en establecementos hostaleiros. Foi tamén neste pasado ano 2015, cando Arquitectura Sen Fronteiras fíxose socia colaboradora da cooperativa, pasando a formar parte do Consello Rector da mesma, no posto da secretaría.
En relación á estratexia de expansión, no ámbito institucional, dende o mes de xaneiro continúase coas xestións para posicionarnos como entidade de recollida do aceite no ámbito público da cidade de A Coruña. Coa pretensión de ofrecer este servizo á administración municipal, mantense unha reunión co Concelleiro de Medio Ambiente, Enrique Salvador, na que propóñellese realizar unha experiencia piloto de recollida con contenedores na rúa no barrio de Agra do Orzán. Atendendo a súa solicitude se prepara por parte de ASF un plano cos posibles puntos de recollida, en principio en equipamentos públicos, e unha oferta económica, para levar adiante esta proposta que incluía unha campaña de difusión nos centros escolares da zona.
Co cambio da corporación municipal propiciouse un achegamento na liña do obxectivo de MC de convertirse en empresa autorizada para o servizo de recollida municipal con contenedores situados en espazo público, e a finais de ano seguen avanzando as xestións neste sentido.
Asimesmo, coa idea de expansión noutros Concellos, no mes de abril realízase un achegamento de colaboración para realizar unha campaña de difusión do Proxecto MC con colocación de contenedores en equipamentos do Concello de Oleiros. Esta campaña viuse interrumpida nos meses de verán e estase a reanudar no ano 2016.
En xuño, renóvase o Convenio coa Edar de Bens, contando co seu apoio económico para a compra de 420 bidóns de 30 litros para apoiar a estratexia de expansión.
En setembro mantense unha reunión co Servizo Social da Deputación da Coruña interesados en apoiar o Proxecto Mulleres Colleiteiras.
No tocante á estratexia de expansión, no ámbito comercial, en febreiro consíguese un Convenio con Red Areas Parque, S.A, que ten como obxectivo promover entre os clientes de Alcampo Coruña actitudes respetuosas co medioambiente, para a recollida de aceite en puntos de reciclaxe ubicados nos aparcamentos dos centros comerciais de Coruña e Ferrol. Asimesmo fortalécense as relacións con Erosky- Vegalsa, e mantéñense reunións coa intención de ampliar os centros actuais de recollida atendendo á expansión do Proxecto Mulleres Colleiteiras, e amosaron a súa intención de colaborar atendendo ás necesidades materiais do Proxecto.
Mantéñense as relacións cos cofinanciadores do Proxecto, con reunións informativas do seguemento do mesmo e preparación de documentación actualizada dos avances. Neste sentido reunímonos coa Fundación Paideia en Abril.
En outubro, ao contar coa nave, empezamos a preparar un orzamento relativo ás necesidades para o seu equipamento e material inventariable coa intención de presentar aos colaboradores.
Proxecto social
O proxecto social enfócase ás actividades prelaborais para adquisición de habilidades e experiencia que lles permitan mellorar a empregabilidade en xeral. Aquelas mulleres participantes que non son socias da cooperativa forman o grupo do proxecto social. Ambas fórmulas están íntimamente relacionadas na súa práctica e complementarias nos seus obxectivos: a unidade do proxecto social e da cooperativa é imprescindible para facer de Mulleres Colleiteiras unha aposta sostible, adaptada ao contexto e cunha capacidade de resposta real á problemática de exclusión social e do ámbito do traballo das súas participantes.
Se ben é certo, durante o último ano a posta en marcha da cooperativa requeriu moita adicación dos recursos humanos existentes no grupo de traballo, o cal repercutiu negativamente no proxecto social debido á falta de atención e clarificación dos obxectivos e procesos desenvolvidos en relación á iniciativa, provocando un paulatino desligue das participantes no proxecto.
Nos últimos meses do ano, coménzase a plantexar unha nova estratexia que permita recuperar a participación das mulleres no proxecto social.
Ademais das dificultades descritas anteriormente, existen unha serie de barreiras que dificultan ou limitan a participación das mulleres no proxecto. Tendo en conta que a incompatibilidade horaria con certos cursos e actividades propostas dende os Servizos Sociais dificultaba dita participación e en moitos casos tiña consecuencias sobre as prestacións que estaban a percibir, iniciouse un proceso de colaboración no que solicitouse a incorporación de Mulleres Colleiteiras nos itinerarios de inclusión da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).
Como actividades de formación e difusión realizaronse as seguintes: participouse na edición V e VI Feira da Sustentabilidade da Universidade da Coruña, na II Feira de Economía Social da cidade da Coruña así como en encontros para o intercambio de experiencias sobre cooperativismo “Coop é activas, procesos de autodesenvolvemento cooperativo” (Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ASF-Galicia e varios concellos coruñeses), a Xornada Muller Rural e Emprendemento no Concello de Cambre (Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, AMFAR-Cambre, A. Amas de Casa Vagalume), na Fundación Luis Seoane presentando o proxecto, na recollida de aceite organizada pola Peña do R.C. Deportivo da Coruña ou en xornadas formativas relacionadas coa xerencia e xestión de empresa (Fundación Ronsel). Ademáis, fíxose unha visita á empresa pública Edar Bens SA para seguir construíndo de forma conxunta un compromiso co medioambiente baseado no tecido e colaboración entre os axentes locais implicados nesta realidade.
Durante os últimos meses do 2015 foron concedidas por un lado unha subvención de La Caixa para proxectos de inserción sociolaboral, o cal permitirá contratar a unha persoa que realice tarefas de xerencia na cooperativa e que permita operativizar e aumentar o rendemento da mesma. E por outro lado, o programa Coopera co cal se contratou a unha terapeuta ocupacional, que se encargará de por en marcha a nova estratexia que resulte para o proxecto social. En ambos casos, traballarán en coordinación co grupo de traballo.