Curso arquitect@s e cooperación local

Ferramentas e experiencias actuais

Arquitect@s y cooperación local. Herramientas y experiencias actuales

Durante os días 12, 13 e 14 de Novembro celebrouse en Valencia o curso Arquitect@s y Cooperación Local, herramientas y experiencias actuales co obxectivo de complementar a formación de persoas arquitectas e outros perfís técnicos que desenvolven a súa actividade profesional no ámbito da cooperación local.

Os obxectivos eran intercambiar coñecementos entre asociacións e colectivos similares de diversas localidades e crear un dossier didáctico de procedementos e metodoloxía de traballo que permita aos técnicos planificar e xestionar con eficacia os plans e proxectos de desenvolvemento local.

O curso desenvolveuse en dúas sesións teóricas (co fin de divulgar métodos de traballo de experiencias xa realizadas) e unha práctica (realizouse un taller participativo con asociacións e colectivos veciñais).

ASF Galicia participou nunha das conferencias, onde Macario Iglesias, Alberto Fortes, Carolina Jack Lago, Alba Pérez e Verónica Touza expuxemos as nosas experiencias no ámbito local e a nosa metodoloxía de traballo. Outros participantes foron ASF Barcelona, Arquitectura e Compromiso Social (Sevilla), Taller de Barris (Valencia) e Outro Hábitat (Madrid).

O curso foi organizado por Sostre e COACV, e contou coa colaboración da Universitat Politécnica de Valencia, a Escola Técnica Superior D'Arquitectura, o CTAV e Ca Revolta.

Aproveitando o encontro mantivemos unha reunión con persoas membros de ASF Cataluña (demarcación Barcelona) que tamén asistían de relatoras. Nesta reunión tratáronse os temas seguintes:

- Situación actual das demarcacións
- Metodoloxía e formas de traballo
-  Posibles colaboracións
-  Comunicación entre demarcacións
- Voluntariado