Plan de Inclusión Social 2014

Descrición do plan

A Pasaxe

Asentamento de A Pasaxe, A Coruña

As accións desenvolvidas a través do Grupo de Traballo de Cooperación Local están encamiñadas a promover a inclusión da poboación residente nos asentamentos chabolistas de As Rañas e A Pasaxe.

Dáse continuidade ao desenvolvemento do Plan de Inclusión xa iniciado no ano 2012 e do que se desprenden diversos proxectos e actividades que, aínda podendo ser impulsadas dende unha área en concreto, caracterízanse por un enfoque integral no que se ten en conta o conxunto de áreas: educación, traballo, saúde e habitabilidade.

Durante o ano 2014 traballouse fundamentalmente:

a) no deseño de Itinerarios Personalizados de Inclusión (IPI) dende un enfoque no que se integrou tanto a perspectiva habitacional como a laboral

b) no seguimento do traballo desenvolvido polas participantes no Proxecto de Mulleres Colleiteiras e soporte no proceso de constitución da propia cooperativa

c) no desenvolvemento de actividades de educación para persoas adultas e seguimento da escolarización das e dos menores

d) en accións comunitarias e de visibilización: elaboración do calendario de Mulleres Colleiteiras, Obradoiro de fotografía cas e cos menores, exposición fotográfica en As Rañas...

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia
Obra Social La Caixa
Deputación A Coruña
Edar Bens
Concello de A Coruña
Fundación Paideia
CEIP Emilia Pardo Bazán
Concello de Culleredo