Plan de Inclusión Social 2014

Área de Habitabilidade

A idea principal das actuacións deste ano foi continuar coas actividades xa comezadas, as cales prolongaremos no tempo mantendo o contacto coas familias nos procesos iniciados, por tratarse de obxectivos a medio ou longo prazo que requiren dun seguimento por parte de Arquitectura Sen Fronteiras que se prolongará no tempo, na busca do obxectivo último do programa: lograr a mellora nas condicións de vida das familias chabolistas de As Rañas e A Pasaxe.

O “Proceso participativo de Acompañamento no desenvolvemento dos Itinerarios Habitacionais” constou de tres etapas diferenciadas na súa execución:

Etapa 1: Identificación das necesidades e dos recursos existentes e deseño do itinerario habitacional

As actividades realizadas nesta etapa foron, entre outras, as seguintes:

- Traballo de campo para a búsqueda e sistematización de datos sobre as unidades convivenciais e o estado das vivendas. Esta metodoloxía de búsqueda fíxose dun xeito participativo coa poboación obxecto. A sistematización destes datos desenvolveuse cun traballo de cartografado e xeolocalización das vivendas, tanto para facilitar o traballo nesta área como para visibilizalo neste soporte dixital, o cal será accesible para calquera persoa. ASF traballou con 12 UC na búsqueda conxunta, participativa e consensuada do seu itinerario habitacional, a medio e longo prazo. Este proceso conta con distintos grados de avance dependendo da situación social da familia e do ritmo de traballo diferenciado con cada un deles ou mesmo dos avances recoñecidos tendo en conta todas as áreas da intervención. Incidiuse especialmente naquelas persoas perceptoras da RISGA que tiñan incluído no seu itinerario a necesidade de abandonar o asentamento como condición.

- Realizáronse dous informes oculares de estado actual de vivendas precarias situadas en As Rañas. Posteriormente e, a solicitude das Traballadoras Sociais de Base dos CCM de referencia realizáronse un levantamento pormenorizado e unha memoria valorada de intervención mínima de cada unha destas vivendas co obxectivo de solicitar unha axuda de emerxencia municipal para mellorar as condicións mínimas de habitabilidade desas dúas familias. Ademais realizouse otro informe máis de estado actual dunha vivenda en Eirís, resultado da compra dunha familia de A Pasaxe que se acolleu ás axudas para adquisición de vivenda.

- Análise documental da lexislación e do planeamento urbanístico existente, dos actores participantes e dos recursos dispoñibles. O obxectivo foi valorar a viabilidade dos casos e garantir as condicións de seguridade das propostas habitacionais ou buscar outras alternativas posibles.

- Realizáronse informes e xestións relacionadas coa defensa dos dereitos das persoas moradoras dos terreos adxacentes á Nave La Toja, con orde de demolición, no asentamento da Pasaxe. E para a poboación da parcela de As Rañas, estase a estudar co Servizo de Planeamento algunha proposta para ter en conta á poboación deste asentamento nas futuras obras da Cuarta Ronda da A Coruña.

Xornada de Limpeza

Etapa 2: Busca de alternativas habitacionais seguindo o percorrido marcado por cada itinerario habitacional e seguimento dos casos

Ao longo do ano realizouse unha busca conxunta, participativa e consensuada das alternativas habitacionais, a medio e longo prazo. Empregáronse diferentes medios (inmobiliarias, internet, contactos, etc.) coa que se elaborou unha base de datos interna, realizáronse visitas aos inmobles seleccionados recopilando información urbanística e outro tipo de documentación, así como reunións cos concellos, propietarios, inmobiliarias, etc.

Para os casos de realoxo por adquisición dunha vivenda, ao tratarse de vivendas de moi baixo custe, as condicións de habitabilidade soen ser moi precarias e precisan dunha intervención de acondicionamento que a dote dun confort e unhas condicións de salubridade aceptables. Nestes casos, realizáronse informes técnicos e memorias valoradas que recollían as actuacións precisas e permitían a solicitude de recursos económicos para acadar o obxectivo do realoxo nunha vivenda digna. Asemade, realizáronse traballos de obra con man de obra non cualificada e voluntaria, como por exemplo limpezas e desmontaxes, etc.

Nesta área de habitabilidade mantívose a relación co Equipo Técnico de Erradicación do Chabolismo da Concellería de Servizos Sociais de A Coruña e traballouse directamente coas Traballadoras Sociais e Educadoras Sociais dos Centros Cívicos de referencia da poboación dos asentamentos de A Pasaxe (Centro Cívico Municipal de Palavea) e As Rañas (Centro Cívico Municipal de Elviña e UAS Cuatro Caminos). Destaca tamén a coordinación e reunións de seguimento coa Concellería de Servizos Sociais de Culleredo pola relación directa, tanto por vínculos familiares coma por proximidade, que a poboación de A Pasaxe ten con este Concello e por ser lugar de destino do seu realoxo nalgúns dos casos. No mesmo sentido, tamén se traballou en contacto coa Concellería de Servizos Sociais de Bergondo e de Cambre.

Asemade mantivéronse reunións informativas co Director do IGVS e técnicos vinculados ao Plan Galego de Inclusión Social.

Etapa 3: Xestión da alternativa habitacional e investigación de novas metodoloxías de optimización de recursos

Este punto centrouse na búsqueda e xestión de recursos para a mellora de vivendas xa existentes. Nestes casos traballouse na formulación e xestión de subvencións públicas ou solicitudes de financiamento privado, bases para a redacción de proxectos arquitectónicos, tramitación e propostas de alegacións urbanísticas, etc.

Ademais, fixéronse varias xornadas comunitarias co voluntariado para axudar á limpeza e acondicionamento das novas vivendas.

Transversalmente a todas estas actividades, comézanse a investigar estratexias participativas de axuda mutua e a través de bancos de materiais reciclados, co obxectivo de poder comezar a estudar unha vía alternativa de autoemprego relacionada coa construción.

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia
Obra Social La Caixa
Deputación A Coruña
Edar Bens
Concello de A Coruña
Fundación Paideia
CEIP Emilia Pardo Bazán
Concello de Culleredo