Plan de Inclusión Social 2015

Descrición do plan

Mulleres Colleiteiras

A estratexia de Cooperación Local está deseñada dende a formulación do Programa de Inclusión posto en marcha no ano 2012 e ao que se lle da continuidade a través das diversas actividades e proxectos específicos. As accións levadas a cabo neste marco teñen en conta a dimensión ampla do hábitat, polo que se traballa coa poboación dende un enfoque holístico, integrando os aspectos relativos á vivenda, ao traballo, á educación e ao benestar. Para isto faise unha exploración individualizada por cada unidade de convivencia co fin de iniciar un acompañamento dos procesos de acceso a un hábitat digno.

Durante o ano 2015 o traballo dende cooperación local baseouse fundamentalmente en:

- Seguimento e acompañamento da actividade diaria das participantes do proxecto de Mulleres Colleiteiras

- Acompañamento nas xestións de creación e desenvolvemento da cooperativa sen ánimo de lucro de Mulleres Colleiteiras

- Seguimento das unidades convivenciais (itinerarios habitacionais)

- Actividades específicas de seguimento da escolarización das e dos menores

- Elaboración do Plan de acceso ao hábitat digno para as persoas dos asentamentos precarios da cidade da Coruña

 

Coa colaboración de: