Plan de inclusión social en As Rañas e A Pasaxe

Proxecto Alternativa de autoemprego e IPIS

 GAL 66/12 Proceso participativo de estudo de viabilidade de alternativas de autoemprego e de acompañamento no desenvolvemento dos itinerarios personalizados de inserción socio-laboral enmarcado no “Programa de inclusión social en asentamentos chabolistas”
 País/Localización Galicia, España
 Contraparte -
 Financiadores Xunta de Galicia
Consellería de Traballo e Benestar
 Persoas beneficiarias Poboación dos asentamentos chabolistas na Pasaxe e As Rañas en risco de exclusión social
 Orzamento total 8.383,26€
 Data de comenzo Xaneiro 2012
 Data de finalización Decembro 2012
 Memoria xustificativa PDF (3,3Mb)

 

Reunión durante o desenvolvemento do proxecto Alternativa de autoemprego e IPIS

Reunión de acompañamento á poboación durante a execución do proxecto

No ámbito laboral, o grupo de traballo de Cooperación Local desenvolveu este proxecto ao longo do ano 2012, incidindo principalmente en dúas áreas de actuación:

- Acompañamento á poboación para a elaboración e cumprimento dos Itinerarios Personalizados de Inserción Socio-laboral (IPIS), en coordinación cos servizos comunitarios básicos, para a promoción do acceso aos recursos da zona e a formación ocupacional.

- Estudo de viabilidade e posta en marcha de alternativas de autoemprego que permitan á poboación acceder a un traballo normalizado e remunerado no que desenvolvan as actividades que xa veñen desempeñando ata agora por conta propia e de xeito informal.

A partir do traballo participativo realizado conxuntamente coa poboación durante os dous últimos anos e ante a resposta recibida por parte das mulleres, dende o grupo de traballo considerouse a creación dunha alternativa de autoemprego dirixida exclusivamente a elas, coa intención de utilizar esta premisa como medida de acción positiva para fomentar e motivar o emprego feminino.

A proposta inicial oriéntase ás mulleres dos asentamentos da Pasaxe e As Rañas e vincúlase á xestión do aceite doméstico usado de orixe vexetal (soia, xirasol e oliva). Formúlase a súa recollida en circuítos pechados, concertados coa administración, para o seu posterior tratamento, reciclaxe e utilización directa no ámbito local, logrando unha proposta eficiente na xestión deste residuo, sensible e respectuosa co medio.

O obxectivo desta proposta é promover un proceso de normalización das actividades de xestión de residuos urbanos, principalmente ferralla e cartón, desenvolvidas pola poboación chabolista de etnia xitana e cigana, durante os últimos anos de forma informal, e adaptala ao sector regular de autoemprego optimizando os seus rendementos. Actualmente, estas actividades están a ser obxecto de sancións administrativas, por carecer dos permisos preceptivos, ademais de que non contan cos recursos ou o equipamento necesario, polo que o rendemento e a dignificación do traballo realizado son moi baixos.

Para tal efecto, desenvolvéronse múltiples actividades de traballo comunitario e empoderamento, para formar a poboación nas habilidades pre-laborais e incidir na importancia da cohesión grupal e o traballo en equipo.

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia