Plan de Inclusión Social 2013

Descripción do plan

O grupo de traballo continúa en 2013 promovendo nos asentamentos precarios da Coruña o Programa de Inserción Social en Asentamentos Chabolistas, baseado no deseño e posta en marcha de Itinerarios Personalizados de Inserción Social.

Estes itinerarios, consensuados e realizados de xeito participativo coa poboación e entendidos de xeito integral, están orientados, por unha banda, á procura dunha alternativa habitacional e, por outra, á inserción sociolaboral da poboación desempregada. Inclúen diversas tarefas de acompañamento e recursos e asesoramento para a formación e procura de emprego, actividades de alfabetización e educación de adultos e seguimento do proxecto Mulleres Colleiteiras de autoemprego.

Mulleres Colleiteiras

Durante o ano 2013 traballouse principalmente coas mulleres, considerándoas o elemento clave na unidade convivencial e principal motor do cambio na procura dunha vida mellor para os e as menores e a familia. Ademais, incidiuse no traballo de empoderamento da muller de xeito coordinado en tódalas áreas de intervención. Compre sinalar que se parte sempre dunha actitude pro-activa por parte das persoas participantes como requisito inicial, e que so se comeza a traballar conxuntamente a partires do momento no que se aprecia a unha vontade de mellorar as súas condicións de vida.

O traballo previo realizado durante o ano 2012 coa unidade convivencial permitiu identificar a casuística (árbore de problemas) que a conduce á procura dun cambio sociolaboral e habitacional fóra do asentamento. A partires de aquí se traza conxuntamente unha árbore de obxectivos que inclúan as aspiracións da unidade convivencial e das persoas participantes, e se determina un itinerario a corto, medio e longo prazo de xeito interrelacionado cos ámbitos habitacional e de inserción sociolaboral, de educación e de saúde incluíndo as pautas transversais sociais e xurídicas a ter en conta.

Este proceso conta con distintos grados de avance dependendo da situación social da familia e do ritmo de traballo diferenciado con cada un delas ou mesmo dos avances recoñecidos tendo en conta tódalas áreas da intervención.

A través de diversas convocatorias e convenios con entidades públicas e privadas obtívose a financiación precisa para o desenvolvemento das actividades:

- Itinerarios habitacionais
Proxecto de intervención integral para a inclusión da poboación residente en asentamentos chabolistas
Deseño de Itinerarios de Inserción Sociolaboral
Traballadora social para programas de inclusión social en asentamentos chabolistas

 

Coa colaboración de: