Promoción do voluntariado en proxectos de acción social en asentamentos precarios

Promoción do voluntariado en proxectos de acción social en asentamentos precarios

Audiovisual Pedra Papel

O Audiovisual “Pedra papel” narra a maxia da infancia, e as ilusións por mellorar a vida, que sempre están presentes nas conversas das nenas e nenos que viven en Ponte Pasaxe.

O proxecto consistíu na elaboración dunha “mini reportaxe”, onde o guión saíu de xeito natural e comunitario, entre as conversas e xogos que se deseñaron para o desenvolvemento das xornadas. Produto destes encontros logrouse coñecer as motivacións, os soños, as inquedanzas e as manifestacións que os e as máis pequenas de A Pasaxe teñen ante a vida. A maioría xamais viron nin visitaron unha vivenda diferente a unha chabola, nin sequera se fan a idea de cómo sería unha mellora na súa vida que os igualara en dereitos e condicións ao resto de nenos e nenas da cidade.

Cartel Pedra PapelA Pasaxe, un asentamento chabolista

A día de hoxe, o asentamento da Pasaxe está formado por 12 familias xitanas galegas e entre 30 e 40 familias de orixe portuguesa. Todas elas viven en condicións extremas.

Pode parecer un fenómeno urbano afastado no tempo ou no espazo, pero este tipo de construcións precarias aparecen a miúdo nos boletíns informativos para falarnos da cara máis escura das cidades. O 7º Obxectivo do Milenio: GARANTIR A SUSTENTABILIDADE DO MEDIO AMBIENTE pretende mellorar as precarias condicións de vida destes asentamentos humanos. Neste sentido, as Nacións Unidas comprometéronse a mellorar considerablemente as condicións de vida de polo menos cen millóns de persoas que viven nestes barrios precarios antes do ano 2020. Actualmente, nos países desenvolvidos a poboación dos asentamentos precarios representa o 6% da poboación urbana total, e nos países en vías de desenvolvemento a cifra dispárase até o 78,2%.

O reto non é pequeno, nin tampouco afastado.

Videoforum Pedra Papel en Recursos Educativos ASF

Xunta de Galicia