Crecendo na diversidade. Nas XIV Xornadas Interculturais do Concello de Cangas

XIV Xornadas Interculturais Concello de CangasCrecendo na diversidade é o lema das XIV Xornadas Interculturais do Concello de Cangas de Morrazo que se están a desenvolver dende o pasado 26 de abril e rematarán o 26 de maio. Un mes enteiro para participar nun proxecto que busca para os centros escolares e á poboación en xeral:

  • Afianzar valores de cooperación, tolerancia e respecto á diversidade
  • Difundir o principio de equidade de xénero
  • Dar a coñecer as diferentes experiencias de cooperación e sensibilización desenvolvidas polas ONGs
  • Achegar ao alumnado o coñecemento doutras culturas

Por segundo ano consecutivos tivemos a oportunidade de participar o pasado día 16 para achegar o traballo de ASF en Guatemala.  Proxectamos o documental El derecho a un techito ao alumnado de 3º da ESO do colexio Compañía de María. A continuación, e apoiándonos no lema das xornadas, reflexionamos sobre as diferenzas e semellanzas que atoparon entre a nosa e a súa cultura, e a importancia da implicación das mulleres nos proyectos de cooperación.

Queremos agradecer ao Concello ternos invitado. De novo foi un gusto poder achegarnos a Cangas e conversar coa súa mocidade sobre algúns dos aspectos que tanto nos preocupan.

Deixar unha resposta