Diálogo Café sobre a Formación en Arquitectura Sen Fronteiras – Galicia

Obradoiro de FormaciónO pasado sábado 13 de maio tivo lugar un Diálogo Café sobre a Formación en Arquitectura Sen Fronteiras – Galicia.

O encontro preparárono as voluntarias do grupo de traballo de Voluntariado e Formación coa pretensión de facer unha reflexión aberta sobre os procesos formativos en ASF e de achegar unha mirada ampliada sobre como se quere construír a formación a todos os niveis no futuro dentro da nosa asociación.

Paula Morales, voluntaria dentro do equipo, prestou o seu estudio como espazo e encargouse de facilitar a actividade, á que estaban convocadas todas as persoas voluntarias e técnicas que forman parte de ASF.

Sete foron as que se achegaron e mostraron as súas visións sobre a temática, a través de dinámicas nas que se motivou a pensar, escoitar e participar en decisións conxuntas.

Obradoiro de Formación

Como peche da xornada e como non podía ser de outra maneira, os participantes fomos xuntos a celebrar o frutífero obradoiro.

Obradoiro de Formación

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.